RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B inicia a liga en Tercera Federación nun domingo con cita amigable tamén para o Orzán SD Infantil B Femenino

O Dépor ABANCA B inicia a liga no grupo 1º de Tercera Federación mañá domingo 8 de setembro coa visita ao CD Villa de Simancas.

O choque comezará ás 11:00 no campo 3 dos Anexos ao Estadio José Zorrilla.

Causan baixa Carmen Carballada e Elena Vázquez, citadas polo primeiro equipo para medirse en ABANCA-RIAZOR ao FC Barcelona.

Si están na lista de Óscar Orro Paula Monteagudo (na foto da noticia), Paula Novo e Laura Ruiz, futbolistas tamén en dinámica do Dépor ABANCA.

Completan a citación estas xogadoras: Martina Rivas, Vázquez, Lucía Mariño, Noelia Mayo, Redru, Sara Cercido, Laura Otero e Yanis Citoula; ademais de Iria Otero (Orzán SD Sub-21 Femenino); Amnah Youssaf, Paula Martínez, Emma Gandoy e Ana Capelo (xuvenís do Orzán SD); e Antía Veiga (cadete do Orzán SD). 

O outro partido en ANOSACANTEIRA será amigable. O Orzán SD Infantil B Femenino de Liga Galega mídese ao CF Batallador, ás 11:00 no campo 2 de San Pedro de Visma.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira Federación
1ª xornada: CD VILLA DE SIMANCAS - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 8 de setembro ás 11:00 nos Anexos ao Estadio José Zorrilla (campo 3) en Valladolid

Categoría infantil
Amigable: CF BATALLADOR - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, mañá domingo 8 de setembro ás 11:00 en San Pedro de Visma (campo 2)