RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas regresan este luns de Barcelona directas a adestrar a Abegondo

Finalizado o encontro no Municipal de Badalona ante o FC Levante Badalona, As Nosas pasan a noite en Sant Boi de Llobregat e mañá luns 7 de outubro á primeira hora regresan nun voo que ten previsto aterrar ás 9:20 no Aeroporto da Coruña.

Irene Ferreras ten previsto dirixir unha nova sesión de adestramento a partir das 11:00 na Cidade Deportiva.

A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será o sábado 12 de outubro ás 16:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Madrid CFF (Dazn).

O plan de regreso é o seguinte:

Domingo 6 de outubro
Traslado ao hotel Sercotel Sant Boi en Sant Boi de Llobregat

Luns 7 de outubro
7:30: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas con destino ao Aeroporto da Coruña
9:20 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña
11:00: Adestramento en Abegondo