RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Elena Vázquez xa está de viaxe á República Dominicana coa selección española sub-17 rumbo ao Campionato do Mundo

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) representa ao Deportivo ABANCA no Campionato do Mundo sub-17 que se disputa na República Dominicana.

A futbolista branquiazul incorporouse onte domingo 6 de outubro á concentración da selección española e viaxa hoxe luns ao país caribeño.

O combinado nacional quedou encadrado no grupo B e terá como rivais na Primera Fase a Estados Unidos, República de Corea e Colombia.

O calendario de partidos é o seguinte:

Mércores 16 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

Sábado 19 de outubro
22:00 (hora galega): ESPAÑA - REPÚBLICA DE COREA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

Martes 22 de outubro
22:00 (hora galega): COLOMBIA - ESPAÑA, no Estadio Olímpico Félix Sánchez de Santo Domingo

A selección española sub-17 é a vixente campioa de Europa nun torneo no que participou outra deportivista, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo.

As Nosas consolídanse como un viveiro para as categorías inferiores da selección española posto que, ademais de Elena Vázquez e Lucía Rivas, Olaya e Marina Artero acaban de regresar do Mundial sub-20; a propia Marina é campioa de Europa sub-19; Antía Veiga estivo nuns adestramentos coa selección española sub-16; e Claudia Sande participou noutra concentración coa sub-15.