RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Ayaka foi intervida con éxito do seu xeonllo esquerdo no Hospital Quirónsalud A Coruña

Ayaka Noguchi foi intervida cirurxicamente con éxito polo traumatólogo Juan Trobajo no Hospital Quirónsalud A Coruña para reparar o seu ligamento lateral externo do seu xeonllo esquerdo.

A centrocampista branquiazul pérdese toda a temporada.

Ayaka é unha das futbolistas máis queridas no vestiario do Dépor ABANCA. As súas compañeiras luciron unha camiseta de apoio nos prolegómenos do partido ante o RCD Espanyol en Abegondo e Irene Ferreras, na sala de prensa, manifestou que "non é fácil suplir a unha xogadora como Ayaka" e subliñou que "este ano estaba a facer moi boa dupla con Henar, mesmo cando non a temos dispoñible dános esa tranquilidade".