RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Bouldini comezou esta mañá a súa incorporación progresiva ao traballo de grupo

Mohamed Bouldini comezou en Abegondo a súa incorporación progresiva ao traballo de grupo na primeira sesión do Dépor despois da fin de semana de descanso.

O dianteiro deportivista non viaxou a Albacete a pasada fin de semana debida a unha "pequena" lesión no glúteo medio, tal e como explicou Imanol Idiakez na rolda de prensa previa ao partido no Estadio Carlos Belmonte.

Esta mañá xa realizou co grupo no campo 2 a activación antes pasarse ao campo 3 co readaptador Fernando Rodríguez.

Para o resto do cadro, Imanol Idiakez dispuxo rondos, un exercicio de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Mañá martes Os Nosos seguirán coa preparación da seguinte cita ligueira, primeira do mes de outubro, coa visita do Málaga CF a ABANCA-RIAZOR prevista para ou domingo 6 ás 14:00 horas (LaLiga TV Hypermotion).