Do mesmo xeito que Celso Borges hai uns días, Bruno Gama únese mañá mércores 26 de xullo á xente mariñeira. O atacante deportivista pasarase pola OAD (Oficina de Atención ao Deportivista) ás 13:15 horas para retirar os seus abonos correspondentes a esta temporada.
Ao finalizar o acto, Bruno Gama atenderá aos medios de comunicación.
A OAD volve abrir este mércores no seu horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, despois de permanecer pechada este martes, festividade do Apóstolo.