RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cara para Francis e Krohn-Dehli; cruz para Fede Valverde

- Foto: @NGSuperEagles -

Fin de semana con partidos amigables de preparación para 4 deportivistas concentrados coas súas respectivas seleccións: Celso Borges, Fabian Schär, Michael Krohn-Dehli e Francis Uzoho.

Deles, os dous últimos xogaron hoxe sábado con Dinamarca e Nixeria respectivamente. Ambos foron titulares.

Mañá domingo, a quenda é para Celso Borges en San José de Costa Rica e Schär en Vilarreal fronte a España.

Ademais, Ismael Díaz viaxa esta noite a Oslo (Noruega) con Panamá; e Fede Valverde quedou fóra da lista de 23 elixidos por Tabárez para representar a Uruguai.

Francis foi titular na visita de Nixeria a Inglaterra

A selección de Nixeria, con Francis no once inicial, mediuse hoxe sábado 2 de xuño (2-1) a Inglaterra no Estadio de Wembley (Londres), nun novo amigable.

O meta fabrilista xogou os 90 minutos e salvou ao seu equipo de encaixar máis goles con algunha que outra boa intervención.

O pasado luns 28 de maio, Francis tivo a súa primeira cita pre-mundialista. Foi no Adokiye Amiesimaka Stadium de Port Harcourt (Nixeria) ante a República Democrática do Congo.

O porteiro do Dépor foi titular e xogou os 90 minutos nun amigable que acabou en igualada (1-1). Francis encaixou o único gol visitante de penalti no minuto 78, pena máxima cometida polo defensor nixeriano Ola Aina por empuxar a un rival na área.

Nixeria ten confirmado outro partido preparatorio: o mércores 6 de xuño (15:00) no NV Arena da cidade austriaca de St. Pölten fronte á República Checa.

Nixeria ten este calendario de partidos en Rusia:

Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium

Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena

Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium

Krohn-Dehli arrancou de inicio o derbi de hoxe ante Suecia

O deportivista Michael Krohn-Dehli superou o primeiro corte da primeira lista de 35 futbolistas realizada hai unhas semanas polo seleccionador danés, o noruegués Åge Hareide.

Desta primeira convocatoria de 35 xogadores, Dinamarca conta xa con 27 elixidos, entre os que está o centrocampista branquiazul. De aí sairán os 23 que representarán ao país escandinavo en Rusia.

Hoxe sábado, o combinado danés empatou (0-0) en Suecia no derbi escandinavo. Krohn-Dehli foi titular e foi substituído no minuto 60 de encontro por Lasse Schöne.

O 9 de xuño (20:00 horas), Dinamarca mídese a México no Brøndby Stadion de Brøndby (Dinamarca).

Dinamarca ten este calendario de partidos no Mundial:

Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)

Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena

Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)

Despedida de Costa Rica da súa afección mañá domingo

Coa recente incorporación de Keylor Navas, Costa Rica, co centrocampista branquiazul Celso Borges, adéstrase no complexo federativo cos 23 elixidos para o Mundial.

Esta circunstancia foi aproveitada polos responsables federativos para organizar a foto oficial do equipo.

Mañá domingo 3 de xuño, (11:00 hora local, 19:00 en España), os 'Ticos' despediranse da súa afección antes de emprender viaxe a Europa cun amigable fronte a Irlanda do Norte en San José.

Xa en Europa, Costa Rica mídese a Inglaterra en Leeds (7 de xuño); e a Bélxica en Bruxelas (11 de xuño).

Costa Rica ten este calendario de partidos no Mundial:

Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena

Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Fabian Schär, mañá domingo ante España en Vilarreal

Suíza, na que milita o deportivista Fabián Schär, prepara en Lugano a súa participación no Mundial de Rusia 2018.

Mañá domingo 3 de xuño (21:00 horas), o combinado helvético ten o seu primeiro partido de preparación. Será ante España no Estadio de la Cerámica de Vilarreal.

De regreso a Lugano, Suíza ten pechado un segundo amigable, o venres 8 de xuño (19:00 horas) fronte a Xapón.

Suíza ten este calendario de partidos na cita mundialista:

Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA no Rostov Arena

Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA no Kaliningrad Stadium

Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium

Panamá xa está de camiño a Oslo (Noruega) desde Estados Unidos

O fabrilista Ismael Díaz entrou na lista definitiva de 23 xogadores de Panamá para o Mundial de Rusia 2018, segundo fixo público o seleccionador nacional, Hernán Darío Gómez.

A madrugada do pasado mércores en España, a selección panameña despediuse da súa afección cun empate sen goles (0-0) ante Irlanda do Norte no Estadio Rommel Fernández, co dianteiro fabrilista sobre o campo na última media hora de xogo.

Panamá viaxa esta noite a Oslo (Noruega), após facer escala en Nova York. Na capital norueguesa, medirase á selección local o mércores 6 nun último choque de preparación, ás 19:00 horas no Ullevaal Stadium.

Antes de emprender o desprazamento, os futbolistas internacionais de Panamá recibiron unha charla sobre as medidas para a loita contra a discriminación, o racismo e o amaño de partidos de cara ao Mundial, a cargo de Yordis Solís, oficial de integridade da Federación Panameña.

Panamá ten este calendario de partidos en Rusia:

Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)

Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod

Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)

Fede Valverde queda fóra dos 23 elixidos por Uruguai

O seleccionador uruguaio, Óscar Washington Tabarez, fixo pública hoxe a lista de 23 xogadores para o Mundial de Rusia 2018.

Na citación non está o xogador do Dépor Fede Valverde, que se adestrou estes días no complexo federativo co resto de membros do equipo nacional.

Por conseguinte, o futbolista branquiazul empeza as súas vacacións de verán.

Uruguai ten este calendario de partidos no Mundial:

Venres 15 de xuño
17:00: EXIPTO - URUGUAI, no Ekaterinburg Arena

Mércores 20 de xuño
18:00: URUGUAI - ARABIA SAUDITA, no Rostov Arena

Luns 25 de xuño
18:00: URUGUAI - RUSIA, no Samara Arena

Ademais, ten confirmada a selección uruguaia un último amigable de preparación o xoves 7 de xuño ás 20:00 horas (hora local) no Estadio Centenario de Montevideo ante Usbequistán.