RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Caranza cumpre dez anos como sede dun DéporCampus Cabreiroá

O martes 11 de xuño celebrouse a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Caranza no campo de fútbol municipal da propia localidade ferrolá.

Trátase dunha das sedes máis antigas, xa que será a súa décima edición consecutiva, e con máis éxito das actividades desenvolvidas pola Fundación RC Deportivo. Debido á alta demanda, este ano levarase a cabo, por segundo verán consecutivo, en dúas quendas, do 24 ao 28 de xuño e do 1 ao 5 de xullo.

Á presentación acudiron Kike Soto, presidente do Galicia de Caranza; Alejandro Vidal, responsable de área social do Real Club Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación Real Club Deportivo.

A actividade, destinada a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, terá lugar no Campo de Fútbol Municipal de Caranza.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Caranza e realizar o proceso de inscrición até as 14:00 do martes 18 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.