RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández realizou a primeira parte do adestramento co grupo

Carlos Fernández realizou esta mañá a primeira parte do adestramento co grupo: un quecemento, no que tamén estivo outro dos 'tocados', David Simón; e o seguinte exercicio de posesión.

A continuación, os dous futbolistas continuaron co readaptador, Fran Molano.

Para os demais membros do cadro, excepto Krohn-Dehli, os técnicos branquiazuis dispuxeron un traballo táctico de defensa-ataque e un partido a metade de campo, no que non participaron Eneko Bóveda, Diego Caballo e Pablo Marí, tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos.

Para finalizar, José Luis Martí quedou cos atacantes e dianteiros nunha última tarefa de finalizacións.

O meta xuvenil Alberto adestrouse hoxe co primeiro equipo e completou a nómina de porteiros con Dani Giménez e Ortolá.

Mañá venres, os futbolistas están citados de novo en Abegondo ás 11:00 horas.