Carmelo del Pozo, novo director deportivo do Real Club Deportivo
Carmelo del Pozo Escribano (Segovia, 2 de xullo de 1969) é, desde esta tarde, novo director deportivo do Real Club Deportivo para as tres próximas temporadas.
Após desvincularse nas últimas horas do Levante UD, no que exerceu o mesmo cargo desde xullo de 2016, será presentado mañá ás 12:30 no Estadio ABANCA-Riazor, acompañado polo presidente do Club, Tino Fernández.
Antes de dirixir os designios deportivos do club valenciano, Carmelo del Pozo desenvolveu a súa carreira executiva en Oviedo, Hércules e Rayo Vallecano, club no que tamén exerceu funcións técnicas, como antes fixera en Betis, Alicante, Poli Ejido ou Espanyol de Barcelona.