Celso Borges e Fede Valverde adestráronse co grupo
Celso Borges e Fede Valverde realizaron esta tarde o adestramento co grupo. O internacional costarriqueño está recuperado dunha contusión na zona glútea que sufriu no partido da súa selección ante Tunisia.
Pola súa banda, o uruguaio, aínda sen alta médica, adestrouse por primeira vez co equipo. Os Servizos Médicos agardarán agora á súa evolución nos próximos adestramentos.
Son baixa segura para o partido deste venres 6 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF (21:00 horas, Bein LaLiga), Fede Cartabia e Eneko Bóveda.
Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: