REAL CLUB DEPORTIVO DE LA CORUÑA, SAD
CONVOCATORIA DE XUNTA XERAL EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS
O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na súa sesión celebrada o día 14 de xuño de 2023 acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade con carácter de Extraordinaria, a celebrar en primeira convocatoria, a as 11:00 horas do luns 17 de xullo de 2023 no Estadio ABANCA-RIAZOR, sito na rúa Manuel Murguía s/n 15011 A Coruña e, se houbese lugar, en segunda convocatoria, no mesmo lugar e hora, o martes 18, con asistencia exclusivamente telemática das persoas accionistas e dos seus representantes, de conformidade co disposto no artigo 18 dos Estatutos Sociais, e no 182 bis do R.D.Leg 1/2012 do Texto Refundido da lei de Sociedades de Capital, de acordo ao seguinte:
ORDE DO DÍA
PRIMEIRO.- FIXACIÓN DO NÚMERO DE CONSELLEIROS; NOMEAMENTO DE CONSELLEIROS.
Segundo.- ROGOS E PREGUNTAS.
TERCEIRO.- Delegación de facultades para elevación a público e posterior inscrición dos acordos adoptados.
O Consello de Administración fará uso do dereito que lle confire o artigo 203 da Lei de Sociedades de Capital e os artigos 101 e seguintes do Regulamento do Rexistro Mercantil, polo que se levantará acta con intervención notarial. Con motivo da inscrición rexistral en data 25 de maio de 2021, nº 00064, o anuncio da Xunta Xeral realízase vía páxina web corporativa, en concreto www.rcdeportivo.es/accionistas
ANUNCIO DE CONVOCATORIA
Conforme ao disposto no artigo 15 dos Estatutos Sociais, a presente convocatoria da Xunta Xeral de Accionistas publicarase na páxina web corporativa da Sociedade: www.rcdeportivo.es/accionistas, cunha antelación mínima dun mes á data sinalada para a súa celebración, en cumprimento ao establecido no artigo 176 da Lei de Sociedades de Capital. De igual forma, publicarase no diario "DXT Campeón".
PRESENZA DE NOTARIO NA XUNTA
O Consello de Administración fixo uso do dereito que lle confire o artigo 203 da Lei de Sociedades de Capital e os artigos 101 e seguintes do Regulamento do Rexistro Mercantil, polo que se requirirá presenza de notario que levantará acta da Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas.
COMPLEMENTO DE CONVOCATORIA
As persoas accionistas que representen, polo menos, o cinco por cento do capital social, poderán solicitar que se publique un complemento á presente convocatoria da Xunta Xeral de Accionistas incluíndo un ou máis puntos na Orde do Día. O exercicio deste dereito deberá facerse mediante notificación fehaciente que haberá de recibirse no domicilio social dentro do cinco días seguintes á publicación da convocatoria.
INFORMACIÓN SOBRE A ASISTENCIA TELEMÁTICA Á XUNTA
Lémbrase ás persoas accionistas que, de acordo co establecido nos artigos 8 e 16 dos Estatutos Sociais, poderán asistir ás Xuntas Xerais as persoas accionistas que acrediten ser titulares de, polo menos, dúas accións e que se atopen inscritas ao seu nome, con cinco días de antelación como mínimo, no Rexistro de Accións Nominativas da Sociedade.
Para poder asistir telemáticamente á Xunta, as persoas accionistas deberán inscribirse previamente, desde o momento no que se notifique, na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas e a través das canles de comunicación oficiais do Club, e até as 10:00 horas do día 14 de xullo de 2023, por calquera das seguintes vías:
- A través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, rexistrándose e facilitando os datos e información requiridos.
- Remitindo por correo postal dirixido ao Real Club Deportivo de La Coruña, SAD á dirección: praza de Pontevedra, nº 19, 1º, 15003, A Coruña, debidamente cumprimentada e asinada o Cartón de Asistencia e Delegación e copia do DNI ou pasaporte orixinal do accionista e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación.
- Ou ben presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivismo do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, en avenida de La Habana s/n de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas até o día 15 de xullo de 2023. A persoa accionista deberá exhibir o seu DNI ou pasaporte orixinal. No caso das persoas xurídicas deberán presentar, ademais, a documentación que acredite a súa representación.
A Sociedade resérvase o dereito de solicitar ás persoas accionistas ou aos seus representantes os medios de identificación adicionais que considere necesarios para comprobar a súa condición de accionista e garantir a súa autenticidade.
Unha vez inscritas correctamente, e estando debidamente acreditadas na súa condición de accionista e o seu dereito de asistencia, as persoas accionistas recibirán por correo electrónico, na conta facilitada no proceso de inscrición, as instrucións para asistir remotamente á Xunta e participar na mesma.
SOBRE A REPRESENTACIÓN, AGRUPACIÓN E DELEGACIÓN
As persoas accionistas poderán delegar a súa representación e facerse representar na Xunta Xeral por medio doutra persoa. Ademais, tal e como establece a Lei de Sociedades de Capital no seu artigo 189, para o exercicio do dereito de asistencia e o de voto, será lícita a agrupación de accións. A representación é revocable. A participación persoal na Xunta da persoa accionista representada terá valor de revogación. A Delegación, Agrupación e Representación só se considerará válida:
(I) ben a través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, cumprimentando e facilitando os datos e información requiridos, seguindo as instrucións e información detalladas na propia páxina.
(II) ben cubrindo o impreso oficial dispoñible na Oficina de Atención ao Deportivismo do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD no Estadio ABANCA-RIAZOR: avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña, en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. No caso da representación, a persoa accionista representada deberá cubrir persoalmente o impreso de delegación e mostrar o seu DNI ou pasaporte orixinal. Será obrigatorio tamén presentar copia do DNI ou pasaporte orixinal da persoa representante e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación.
(III) ben mediante a presentación das correspondentes escrituras públicas outorgadas para estes efectos ante notario.
A Sociedade resérvase o dereito de solicitar ás persoas accionistas ou aos seus representantes os medios de identificación adicionais que considere necesarios para comprobar a súa condición de accionista e garantir a súa autenticidade.
As persoas titulares de accións en número inferior ao mínimo esixido no artigo 15 dos estatutos sociais (2 accións) para a asistencia ás Xuntas Xerais, poderán agruparse até alcanzar o mínimo esixido. Como excepción, cando o dereito de asistencia se alcance por agrupación de accións, a representación deberá recaer en calquera das persoas accionistas agrupadas. A representación deberá conferirse por escrito con carácter especial para cada Xunta. A representación obtida mediante solicitude pública axustarase aos requisitos expresamente esixidos pola Lei.
Para poder ser investida como representante doutra persoa accionista, ou grupo de accionistas, e poder exercer así presencialmente os dereitos correspondentes, a representada deberá ter delegacións correspondentes, polo menos, a unha persoa accionista titular de dúas ou máis accións.
Poderán tamén asistir á Xunta os Directores, Xerentes, Apoderados, Técnicos, e demais persoas que, a xuízo do presidente da Xunta, deban estar presentes na reunión por ter interese na boa marcha dos asuntos sociais.
VOTACIÓN DURANTE A CELEBRACIÓN DA XUNTA XERAL
Aquelas persoas accionistas que acudan á celebración da Xunta Xeral, poderán rexistrarse e participar nas votacións mediante acceso á plataforma a través dunha ligazón url personalizado, que se lle facilitará pola empresa Councilbox, unha vez identificáronse previamente cos seus respectivos DNIs, onde deberán facilitar unha dirección de correo electrónico para completar a súa inscrición e poderán conectarse á Xunta cun dispositivo smartphone, tablet ou computador portátil, nestes dous últimos casos, sempre que dispoña de conexión a internet.
VOTO ANTICIPADO
Ao amparo do establecido no artigo 17 dos Estatutos Sociais, as persoas accionistas poderán emitir o seu voto sobre os puntos ou asuntos contidos na Orde do Día da convocatoria da Xunta Xeral, remitíndoo, antes da súa celebración, ademais de por os medios establecidos no seu caso pola lexislación aplicable, por escrito físico ou electrónico ou por calquera outro medio de comunicación a distancia que garanta debidamente o sentido do seu voto separadamente sobre cada un dos puntos ou asuntos comprendidos na Orde do Día da Xunta convocada. Caso de non facelo sobre algún ou algúns dos puntos ou asuntos, entenderase que se abstén en relación cos mesmos.
O voto anticipado deberá recibirse pola Sociedade cun mínimo de 24 horas de antelación á hora fixada para o comezo da Xunta. Até ese momento o voto poderá revogarse ou modificarse. Transcorrido o mesmo, o voto emitido a distancia só poderá deixarse sen efecto pola presenza persoal ou telemática, da persoa titular na Xunta.
DEREITO DE INFORMACIÓN
De acordo co disposto nos artigos 197 da Lei de Sociedades de Capital, até o sétimo día anterior á celebración da Xunta, as persoas accionistas terán dereito a solicitar e obter as informacións ou aclaracións que estimen precisas acerca dos asuntos comprendidos na Orde do Día, ou formular por escrito as preguntas que consideren pertinentes.
SOLICITUDE DA QUENDA DE PALABRA
As persoas accionistas ou os seus representantes poderán pedir a palabra para intervir, solicitar información ou aclaracións, e formular propostas durante o desenvolvemento da Xunta. Calquera persoa accionista que desexe intervir, deberá inscribirse previamente, sempre antes das 10:00 horas do día 14 de xullo de 2023, a través da páxina corporativa na dirección: www.rcdeportivo.es/accionistas/solicitud-de-turno-de-palabra
As persoas accionistas ou os seus representantes, poderán pedir a palabra para intervir, solicitar información ou aclaracións, e formular propostas durante o desenvolvemento da Xunta.
O presidente moderará e dirixirá a quenda de intervencións.
PREVISIÓN SOBRE A DATA DE CELEBRACIÓN DA XUNTA XERAL
Infórmase as persoas accionistas que, a Xunta celebrarase, previsiblemente, en primeira convocatoria, o luns 17 de xullo de 2023, ás 11:00 horas, salvo aviso contrario na web corporativa: www.rcdeportivo.es/accionistas.
PROTECCIÓN DE DATOS
En virtude da normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal, infórmase as persoas accionistas da existencia dun tratamento automatizado, cos datos de carácter persoal facilitados polas propias persoas accionistas, polos seus representantes ou, no seu caso, polas entidades de crédito e bancarias, Sociedades e Axencias de Valores en que ditas persoas accionistas teñan depositadas as súas accións, con ocasión da Xunta Xeral convocada mediante a presente, así como dos que poidan derivarse como consecuencia da mesma. A finalidade do devandito tratamento e a xestión e administración dos datos das persoas accionistas e, no seu caso, os relativos aos seus representantes, no ámbito da Xunta Xeral de accionistas. As persoas accionistas ou os seus representantes poderán exercitar, nos supostos amparados na lei, os dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais, así como a limitación e oposición ao seu tratamento, e a portabilidad dos datos a través da correspondente notificación (que deberá incluír a identificación do titular dos dereitos mediante fotocopia do DNI) remitida á seguinte dirección: praza de Pontevedra, 19 1º 15003 A Coruña. O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na súa condición de Responsable do Tratamento, informa da adopción das medidas de seguridade legalmente esixidas nas súas instalacións, sistemas, tratamentos e ficheiros. Así mesmo, como Responsable do Tratamento, o Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, garantirá a confidencialidade dos datos persoais, sen prexuízo da súa obrigación de revelar ás autoridades competentes os datos persoais e calquera outra información que está na súa poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas, sempre que esta fose requirida de acordo co establecido nas disposicións legais e regulamentarias aplicables.
A Coruña, 14 de xuño de 2023.- O presidente do Consello de Administración, Antonio Couceiro Méndez.