RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez, novo xogador do Deportivo

Daniel Giménez Hernández (30 de xullo de 1983, Vigo-Pontevedra) é novo xogador do RC Deportivo de cara á campaña 2018-2019.

Dani Giménez, como é coñecido no mundo futbolístico, procede do Betis, club no que militou no catro últimas temporadas. O gardameta vigués firma por dúas campañas co conxunto branquiazul.

Á sombra dun potencial internacional español como Antonio Adán, o porteiro galego só puido disputar 10 partidos de Liga nestes anos. Iso si, nos 8 que disputou en Primeira División soamente encaixou 4 goles, a unha media de 0,5 por partido. Xustamente os 4 que xogou na temporada recentemente finalizada, pechounos coa portería a cero.

Cos béticos sumou 11 encontros máis de Copa do Rei, para un total de 21 nestes 4 exercicios.

Con anterioridade, Dani Giménez militou no Celta B (2001-2004), Zamora (2004-2009), Rayo Vallecano (2009-2013) e Alcorcón (2013-14). Precisamente co conxunto oleiro completou a mellor temporada da súa carreira, disputando os 42 encontros de Segunda División e encaixando soamente 40 goles.

Co equipo vallecano, onde coincidiu co deportivista Rubén Martínez, logrou o primeiro ascenso a Primeira da súa carreira, ao final da campaña 2010-2011. Catro anos despois repetiría cos verdibrancos.

Os números de Dani Giménez nas categorías profesionais son excelentes, recibindo 98 goles en 89 partidos entre Primeira e Segunda División. Igualmente, nas súas 8 temporadas en Segunda B entre Celta B e Zamora promedió menos dun tanto por encontro: 133 goles en 141 partidos.