Data de inicio das competicións para o groso de equipos de ANOSACANTEIRA
O groso de equipos de #ANOSACANTEIRA xa coñece a data de inicio das súas competicións, segundo estableceu a Federación Galega de Fútbol.
Así, o arranque das diferentes ligas queda configurado así:
-Liga Nacional xuvenil (Xuvenil B): sábado 7 ou domingo 8 de setembro -División de Honra cadete (Cadete e San Tirso SD Cadete): sábado 7 ou domingo 8 de setembro -División de Honra (Infantil e San Tirso SD Infantil): sábado 14 ou domingo 15 de setembro -Primeira Autonómica feminina (Orzán SD sub-21 Femenino): sábado 14 ou domingo 15 de setembro -Segunda Autonómica feminina (Orzán SD Xuvenil Femenino): sábado 14 ou domingo 15 de setembro -Liga Galega cadete feminina (Orzán SD Cadete Femenino): sábado 21 ou domingo 22 de setembro -Liga Galega infantil feminina (Orzán SD Infantil A Femenino e Orzán SD Infantil B Femenino): sábado 21 ou domingo 22 de setembro
Até a data comezaron os adestramentos o Fabril de Segunda Federación, o Dépor ABANCA B de Tercera Federación FutFem e o Xuvenil A de División de Honra.