RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Davo resalta que o Dépor sabe competir moi ben e Hugo Rama di que estamos todos a un tempo

Davo e Hugo Rama pasáronse pola sala de prensa da Cidade Deportiva Dani Jarque após a vitoria ante o UE Cornellà.

O atacante asturiano lembrou que "levabamos toda a semana preparando o partido sabendo ao que viñamos aquí. O equipo demostrou unha vez máis que sabe competir tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra. Son 3 puntos moi importantes. O UE Cornellà dá moita guerra, é correúdo, pelexa e ten xogadores con calidade. Estou moi contento como se deu o partido, por levarnos os 3 puntos para A Coruña e por seguir na dinámica da vitoria".

Recoñeceu que ao final do partido "había esa sensación de que nos atosigaban, de que estaban a chegar pero temos un equipo que sabe competir moi ben e demostramos que estamos á altura do que se nos espera".

Davo subliña que "os equipos tamén estúdanche, saben do que somos capaces, traballan toda a semana para tentar bloquear as túas virtudes pero, grazas aos xogadores que temos, somos un equipo con moitos recursos para ler o partido; e fixémolo dunha moi boa maneira hoxe".

Pola súa banda, Hugo Rama, autor do tanto do triunfo, afirmou estar "súper feliz polo equipo. Dá gusto competir con eles porque son unhas máquinas todos. Temos claro o noso obxectivo".

O centrocampista galego pensa que "está moi difícil xogar" no Dépor pero "canto máis difícil sexa para o míster elixir un once mellor vainos a ir a todos. Aquí todos queremos o ben do Deportivo. Hai moita xente na casa que o único que desexamos é o 27 de maio poder celebralo. Temos ese obxectivo na mente e estamos todos a un tempo".

Finalmente, confesa que se marcha da Cidade Deportiva Dani Jarque "cunha sensación agridoce porque podía meter un ou dous goles máis".