Derrota en Asturias do Dépor ABANCA B no seu primeiro partido de pretemporada
O Dépor ABANCA B perdeu na localidade asturiana de Barcia o seu primeiro partido de pretemporada. As deportivistas non puideron (2-0) co Real Avilés CF, conxunto ascendido a Segunda Federación despois de quedar campión a pasada campaña en Tercera RFEF, no mesmo grupo que As Nosas.
Foi titular Elena Vázquez, que onte participou uns minutos na XII edición do Teresa Herrera entre o Deportivo ABANCA e o Athletic Club.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Elena Vázquez, Emma Gandoy, Carmen Carballada, Laura Otero, Laura Santos, Lucia Rivas, Paula Monteagudo e Dunia Dahmouni. Tamén xogaron: Noe Mayo, Yaiza García, Iria Otero, Yanis Citoula, Daniela Macedo e Antia Brage
A próxima cita do conxunto que prepara Óscar Orro será o sábado 17 de agosto ás 19:00 horas no Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga FF de Segunda Federación, equipo que se medirá ao Dépor ABANCA na primeira eliminatoria da Copa de la Reina.