Diego Caballo amplía a súa vinculación co Dépor e Borja Galán márchase con opción de volta
O Real Club Deportivo e Diego Caballo Alonso (Salamanca, 17 de febreiro de 1994) chegaron a un acordo para a ampliación por dúas temporadas, con opción a outras dúas, do contrato do lateral esquerdo deportivista.
Pola súa banda, Borja Galán sae do Club con destino á Agrupación Deportiva Alcorcón. O Real Club Deportivo garántese unha opción de repesca do dianteiro á conclusión da Temporada 2018-2019 así como unha porcentaxe sobre dereitos futuros do xogador. O Deportivo quere agradecer a Borja a súa achega e traballo durante a súa etapa na Coruña, desexándolle o mellor na súa nova aventura profesional no equipo oleiro ás ordes do que foi o seu corpo técnico no Fabril.