Dous internacionais sub-20 cameruneses reforzan ao Fabril
O Fabril reforza o seu cadro con dous internacionais sub-20 por Camerún procedentes do club Canon Sportif da Primera División camerunesa, categoría na que xa xogaron a pasada temporada.
Bil Dornol Nsongo Tonfack (na foto á esquerda) (Yaoundé, 21 de setembro de 2004) é dianteiro mentres que Fadil Montapon Hamed (á dereita da foto) (Mayakoue, 7 de xuño de 2005) actúa de defensa central.
Os dous futbolistas asinan por unha temporada con opción a unha ampliación.