Sebastián Dubarbier (La Plata, Arxentina, 19 de febreiro de 1986) foi presentado esta mañá no Policlínico HM de Matogrande como novo xogador do RC Deportivo para a Temporada 2018-2019, cunha segunda temporada opcional.
Acompañado por Carmelo del Pozo, Director Deportivo do Club, o novo lateral branquiazul subliñou ante os medios de comunicación que encara co Deportivo "un reto lindo, nun club fermoso. Foi por iso polo que tomei a decisión de volver".
Do Dépor, confesa Dubarbier que "moito non me comentaron. Máis ou menos sabía. Sabía que estaba Carmelo (del Pozo). É un reto lindo e máis coa xente que o leva".
É consciente de que o Deportivo "é un Club dos máis grandes que xogan en España. Ese tamén é o reto de vir a un Club con historia. Tentar facer o posible da minha parte por devolverlle a Primeira".
Márcase como obxectivo o que "sabemos, que é volver canto antes a Primeira. Sabemos que é moi difícil, é unha liga moi complicada, longa. Hai que estar ao 100 % até o final".
Opina que a Segunda División de agora "pode ser que cambiase. Xa viña crecendo desde que co Almería descenderamos. Cada vez hai mellores equipos, equipos que se denominan grandes e que teñen moi boa afección".
Nesta liña recalca que na súa última etapa de ano e medio no Almería, en Segunda División, "xa había moitos equipos que querían ascender e era o obxectivo. Até o final, co playoff, hai moitos equipos con posibilidades de estar aí dentro".
Por ese motivo vaticina un ano "moi competitivo, con moitos equipos que teñan oportunidades até o final".
A nivel persoal, despois de 6 temporadas como lateral, "afaste e tes na mente que o primeiro é defender". "Caracterízome por ser un xogador intenso, que está sempre metido no partido. Iso é o que demanda a liga, estes partidos que son súper parellos. Hai que estar os 90 minutos sempre metidos", engade.
Explica desta forma o porqué do seu regreso de Arxentina, o seu país: "Pasei toda a miña carreira fóra, en Europa. Foi un ano e medio alá moi lindo. Foi unha experiencia moi linda. Pero uno está afeito a este fútbol e é moi diferente. Volver era unha cousa que tiña na cabeza".
Precisamente lembra da súa última etapa no Estudiantes de La Plata que "cando estiven xoguei. Tiven unha rotura a principio de ano e a liga termineina xogando toda até o final. Tiven un parón dun mes ou mes e medio que non xoguei por lesión".
Xa na Coruña, no segundo día de probas físicas e médicas para os futbolistas branquiazuis, Dubarbier apunta que "non podo falar moito pero vese que hai xente moi boa. Está a armarse un novo grupo, hai compañeiros novos. Iso leva un tempo asimilar e acomodarse".
Admite iso si que xa ten ganas "polo menos eu de empezar a adestrar e de tocar a pelota".