RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B pecha a pretemporada con vitoria ante o CD Lugo no Memorial Faraldo con dobrete da futbolista cadete Daniela Macedo

O Dépor ABANCA B pechou a súa pretemporada con vitoria na XX edición do Memorial Faraldo ao golear (4-0) ao CD Lugo na Torre.

A protagonista do encontro foi Daniela Macedo (na foto na fila de arriba a segunda xogadora empezando pola esquerda), futbolista cadete e autora de 2 dos 4 goles do seu equipo. Iria Otero e Lucía Mariño completaron o marcador.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Sara Cercido, Amnah Youssaf, Laura Otero, Paula Redruello, Yanís Citoula, Paula Monteagudo, Iria Otero, Daniela Agilda e Daniela Macedo. Tamén xogaron: Antía Veiga, Ana Capelo, Ángela Cotelo, Paula Martínez, Lucia Mariño e Candela Fernández.

O filial feminino disputou 5 partidos amigables con 2 vitorias e 3 derrotas ante equipos de Segunda Federación; e cun balance de 6 goles a favor e 9 goles en contra.

A máxima goleadora foi Daniela Macedo con 2 goles; e tamén anotaron 1 gol Candela Fernández, Paula Monteagudo, Iria Otero e Lucía Mariño.

A partir de agora empeza a liga en Tercera Federación, o domingo 8 de setembro ás 11:00 horas coa visita ao CD Villa de Simancas.

Os resultados do Dépor ABANCA B en pretemporada foron os seguintes:

Real Avilés CF 2 - Deportivo ABANCA B 0
Atlético Vilalonga FF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Candela Fernández)
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA B 0
Torneo Unindo Camiños: Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
XX Memorial Faraldo: Deportivo ABANCA B 4 (Daniela Macedo -2-, Iria Otero e Lucía Mariño) - CD Lugo 0