Esgotada a bancada de Marathón Inferior de ABANCA-RIAZOR nun Dépor con 25.482 socios
A campaña de socios segue o seu curso a ritmo de marca. A 20 días aínda de arrincar LaLiga Hypermotion, está esgotada xa para a nova temporada a grada de Marathón Inferior.
O Club suma 25.482 socios, dos que 5.515 adquiriron tamén o abono para o Dépor ABANCA en Liga F; e 5.064 para o HC Liceo.
Desde este luns 29 de xullo todas as localidades que foron renovadas están liberadas para que os socios e socias poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. Os días de cambio de localidade e modalidade (de abono simpatizante a abono con localidade) serán desde este martes 30 de xullo ao 8 de agosto, exclusivamente para socios e socias da temporada pasada.
Debido ao alto volume de solicitudes de cambio de localidade ou modalidade, polo cal actualmente se atopan esgotadas todas as citas dispoñibles para este fin, o Club habilita un portelo na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) do Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida da Habana s/n) para realizar cambios de forma presencial sen cita previa os días 5, 6, 7 e 8 de agosto, no seguinte horario: de 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.00 horas.
A partir do 13 de agosto ábrese o prazo para novas altas.