Hoxe venres 8 de xuño, Fabian Schär mediuse a Xapón en Lugano, cuartel xeral de Suíza antes de viaxar a Rusia.
O defensor deportivista xogou completo este encontro de preparación que acabou con triunfo suízo (2-0), grazas aos goles de Ricardo Rodríguez no minuto 42 e de Haris Seferović na recta final (minuto 82).
O de hoxe foi o último test de Suíza antes da súa participación no Mundial.
Mañá sábado 9, Michael Krohn-Dehli mídese a México con Dinamarca no Brøndby Stadion de Brøndby. Será a última proba dos daneses. O choque arrancará ás 20:00 horas.
Onte xoves 7, Celso Borges, con Costa Rica, someteuse ao duro exame de Inglaterra en Leeds. O mediocentro deportivista, fixo en todos os partidos da súa selección, xogou de novo completo un amigable que acabou en derrota centroamericana (2-0) ante os ingleses.
Celso Borges tamén xogou os 90 minutos do encontro ante Irlanda do Norte da pasada fin de semana en San José que serviu a Costa Rica para despedirse da súa afección.
O vindeiro luns 11, o equipo 'Tico' ten o seu último encontro de preparación antes do Mundial. Será ante outra potente selección, Bélxica, no Estadio Rei Balduíno de Bruxelas.
Pola súa banda, Ismael Díaz xa está en Rusia con Panamá. O cuartel xeral do conxunto panameño está na cidade de Saransk.
Este é o calendario de partidos, amigables previos e da fase de grupos mundialista, dos 5 deportivistas:
Fabian Schär
Amigable
Venres 8 de xuño
SUÍZA 2 - XAPÓN 0
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
21:00: BRASIL - SUÍZA, no Rostov Arena
Venres 22 de xuño
20:00: SERBIA - SUÍZA, no Kaliningrad Stadium
Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium
Michael Krohn-Dehli
Amigable
Sábado 9 de xuño
20:00: DINAMARCA - MÉXICO, no Brøndby Stadion (Brøndby, Dinamarca)
Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
19:00: PERÚ - DINAMARCA, no Mordovia Arena (Saransk)
Xoves 21 de xuño
16:00. DINAMARCA - AUSTRALIA, no Samara Arena
Martes 26 de xuño
17:00: DINAMARCA - FRANCIA, no Luzhniky Stadium (Moscova)
Celso Borges
Amigables
Xoves 7 de xuño
INGLATERRA 2 - COSTA RICA 0
Luns 11 de xuño
20:45: BÉLXICA - COSTA RICA, no estadio Rei Balduíno (Bruxelas, Bélxica)
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
16:00: COSTA RICA - SERBIA, no Samara Arena
Venres 22 de xuño
15:00: BRASIL - COSTA RICA, no San Petersburgo Stadium
Mércores 27 de xuño
21:00: SUÍZA - COSTA RICA, no Nizhny Novgorod Stadium
Francis Uzoho
Amigable
Mércores 6 de xuño
REPÚBLICA CHECA 1 - NIXERIA 0
Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
21:00: CROACIA - NIXERIA, no Kaliningrad Stadium
Venres 22 de xuño
18:00: NIXERIA - ISLANDIA, no Volgograd Arena
Martes 26 de xuño
21:00: NIXERIA - ARXENTINA, no San Petersburgo Stadium
Ismael Díaz
Amigable
Mércores 6 de xuño
NORUEGA 1 - PANAMÁ 0
Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
17:00. BÉLXICA - PANAMÁ, no Fisht Stadium (Sochi)
Domingo 24 de xuño
15:00: INGLATERRA - PANAMÁ, en Nizhny Novgorod
Xoves 28 de xuño
21:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Arena (Saransk)