A selección suíza, na que milita Fabian Schär, xógase os oitavos de final mañá martes 3 de xullo ante Suecia (16:00 horas) no San Petersburgo Stadium.
A estas alturas, o defensor deportivista é o único sobrevivente branquiazul. Schär foi titular nos 3 partidos anteriores disputados en Rusia, que ademais disputou na súa totalidade. Mañá será baixa por acumulación de amoestacións.
Onte, Dinamarca enfrontouse en oitavos de final a Croacia no Nizhny Novgorod Stadium. O tempo regulamentario e a prórroga acabaron en igualada (1-1). Nos penaltis, foron máis certeiros os croatas (4-3).
Krohn-Dehli, despois de estar os 3 primeiros partidos da Primeira Fase no banco de suplentes, debutou con Dinamarca. Saltou ao campo no minuto 98 (na prórroga) en substitución de Thomas Delaney.
O mediocentro deportivista anotou ademais o terceiro penalti da serie de 5 penas máximas que significou o adeus danés a este Campionato do Mundo.
Os outros 3 representantes branquiazuis, Celso Borges, Francis e Ismael Díaz xa están de regreso após caer na Primeira Fase.
Este é o calendario de partidos para os deportivistas:
Fabian Schär
Copa do Mundo (Grupo E) Domingo 17 de xuño BRASIL 1 - SUÍZA 1
Venres 22 de xuño SERBIA 1 - SUÍZA 2
Mércores 27 de xuño SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Oitavos de final Martes 3 de xullo 16:00: SUECIA - SUÍZA, no San Petersburgo Stadium
Michael Krohn-Dehli
Copa do Mundo (Grupo C) Sábado 16 de xuño PERÚ 0 - DINAMARCA 1
Xoves 21 de xuño DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1
Martes 26 de xuño DINAMARCA 0 - FRANCIA 0
Oitavos de final Domingo 1 de xullo CROACIA 1 - DINAMARCA 1. A penaltis: 4-3
Celso Borges
Copa do Mundo (Grupo E) Domingo 17 de xuño COSTA RICA 0 - SERBIA 1
Venres 22 de xuño BRASIL 2 - COSTA RICA 0
Mércores 27 de xuño SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Francis Uzoho
Copa do Mundo (Grupo D) Sábado 16 de xuño CROACIA 2 - NIXERIA 0
Venres 22 de xuño NIXERIA 2 - ISLANDIA 0
Martes 26 de xuño NIXERIA 1 - ARXENTINA 2
Ismael Díaz
Copa do Mundo (Grupo G) Luns 18 de xuño BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0