RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia e Fede Valverde fixeron as delicias dos nenos do DéporCampus Mauro Silva

Os 'fedes', Fede Cartabia e Fede Valverde, pasáronse hoxe mércores pola XIX edición do DéporCampus Mauro Silva, que, coorganizado pola UDC e o Real Club Deportivo, desenvolveuse un ano máis nas instalacións do INEF Galicia en Bastiagueiro.

En primeiro lugar houbo unha foto de familia cos máis de 120 nenos e nenas entre 4 e 12 anos que participaron nesta edición e que corearon os nomes dos dous deportivistas.

A continuación, xa no salón de actos de INEF, Fede Cartabia e Fede Valverde sometéronse a unha rolda de prensa cos nenos como xornalistas.

Os futbolistas contestaron a todas as súas preguntas, por exemplo o xogador favorito: Román Riquelme para Cartabia e Toni Kroos para Valverde; o número de goles e asistencias de cada un nesta liga; ou os seus inicios como futbolista no seu país de orixe, Arxentina e Uruguai respectivamente.

Após un sorteo de agasallos, asinaron postais e camisetas a todos e cada un dos participantes, nunha mañá sen dúbida que permanecerá no recordo de cada un deles.