Ao terminar a sesión desta mañá, e despois de varios adestramentos xa co grupo, Fernando Navarro recibiu a alta médica.
Así pois, o campión de Europa está a disposición de Pepe Mel para o encontro deste domingo 23 de abril en Anoeta ante a Real Sociedad (12:00, Bein Sports).
A día de hoxe, e a falta do adestramento de mañá sábado en Abegondo (10:30 horas), Pedro Mosquera é o único futbolista de baixa médica.