RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Fernando Soriano: Agora mesmo considero que o equipo está en condicións de poder competir

Fernando Soriano atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo unha vez presentado Helton Leite como novo futbolista branquiazul. "Agora mesmo considero que o equipo está en condicións de poder competir", asegura.

Estas foron algunhas das frases do Director Deportivo do RC Deportivo:

Bloque para iniciar o campionato
"O equipo demostrou madurez, sufrimento cando tivo que sufrir, valentía cando tivo que ir a polos partidos; con xogadores moitos deles con experiencia en nivel moi alto, outros que van debutar e que nos van a dar esa ilusión, esa alegría, esa mestura. O que teño o míster e eu é buscar ese equilibrio, buscar que non nos falte un pouco de nada e que teñamos de todo. E agora mesmo considero que o equipo está en condicións de poder competir por suposto".

Obxectivo
"Traballar partido a partido, humildade, compromiso. Sabemos o escudo que representamos, o que leva iso. Xa sabedes a igualdade que hai a estas alturas, os equipos aos que nos enfrontamos, as posibilidades económicas de moitos deles... Non renunciamos a nada e tampouco nos podemos marcar un obxectivo a estas alturas. É ir partido a partido, saber que cada día que saímos a xogar o Deportivo ten que saír a gañar e iso é o que debemos plasmar cada día no campo e por suposto nos adestramentos en cada momento que estamos en Abegondo".

Mercado
"Quedan 15 días. Algunha situación si que temos máis clara pero cando está o mercado aberto non descartaría nada. Hai prioridades, se cadra temos algunha situación que si que queremos reforzar, pero non pechamos ningunha porta".

"Estando aberto o mercado o que buscas é tentar complementar cadro e darlle mellores opcións ao adestrador, que logo chegarán, poderán xogar ou non porque considero que os que temos son moi bos, demostrárono e moitas veces a mellora non é fácil; pero simplemente mellorar a competitividade, mellorar o día a día fai que todos os xogadores melloren o seu rendemento".

"Oxalá tivésemos o cadro pechado, que soubésemos que non podemos mellorar nestes 10 días de mercado o que temos. E estaría encantado, pero estando o mercado aberto hai que estar moi pendentes. Mesmo nos poden quitar xogadores. Pensar que hai 4 xornadas de Primera División antes do final de mercado. Poden pasar tantas cousas. Hai que estar atentos. Igual que estamos nós estarán o resto de equipos pendentes das situacións que poidan xurdir, tanto de equipos por arriba, de xogadores que poidan ser interesantes para o que buscamos como de situacións no estranxeiro. Pola miña banda e pola parte do adestrador canto antes teñas aos xogadores en disposición moitísimo mellor. Iso é o que tentamos. Ás veces non é sinxelo. O nivel que temos no cadro é bastante alto e moitas veces non só é o tentar melloralo deportivamente, que se tenta, pero sobre todo a nivel grupo, unión, comportamento, profesionalidade, humildade, traballo día a día... Moitas veces fálase dunha fichaxe, que foi un fracaso porque non xogou. Pois hai veces que desde a nosa parcela ou desde a parcela do adestrador non valoramos moitas veces o rendemento que tivo no campo, que por suposto é un factor importante, pero valoras o día a día, o comportamento cando está no banco, como anima aos seus compañeiros, unha serie de cousas que desde fóra se cadra percíbense menos, pero que na nosa parcela son súper importantes. O grupo funcionará ou non funcionará se hai xogadores que levan ben, se hai xogadores que cando non xogan apoian, se o ambiente é positivo... Ese tipo de cousas moitas veces non se teñen en conta e para nós é un valor moi importante".

Perfil dos reforzos ademais de veteranos
"Estamos a mirar outras características tamén. Xente nova que veña con forza, ilusión, que creamos que teña un percorrido importante e que pode mellorarnos nalgunha das parcelas. A experiencia é un plus. Agora mesmo no momento de mercado que estamos xogadores que poidan saír dalgún equipo pode ser interesante para nós, pero dicir vai ser con estas características non debo facelo porque non é así".

Saída de futbolistas
"A situación de Berto xa é coñecida. O resto dependerá de se hai chegadas, non hai chegadas. O que si temos claro é que non imos dar saídas a xogadores se non veñen reforzos que creamos que poden mellorar. Estes días irémolo vendo".

Escudero
"É certo que nos trastornou un pouco. Era unha zona que pensabamos ou considerabamos que podía estar medio pechada. Por suposto vendo tamén o mercado se hai posibilidade de mellorar ímolo a tentar sempre. Pero a situación de Escudero complicou un pouco esa zona. É certo que hoxe lle fan unha proba, que se vai a decidir mañá ou moi tarde o xoves se necesita operación ou non. Iso atrasa ou non os prazos. A decisión virá un pouco por aí, dependendo do tempo de baixa que sexa tomaremos unha decisión ou outra".

Reforzar o lateral zurdo
"A idea é que si, pero o mercado é o que é. Tampouco imos volvernos tolos. Contamos con Iano, vemos que Ximo pode xogar tamén aí. Mesmo Pablo Martínez desempeñou esa función. O outro día vimos a Mella tamén, pero a idea sería tentar reforzar. É despois da portería a posición máis específica que hai. A seguinte posición máis complicada tal vez sexa o lateral esquerdo. E é certo que para alcanzar un certo nivel moitas veces non é sinxelo. Tes que apostar e temos que telo moi claro para realizar ese movemento. E logo está o tema económico, o límite salarial. Xa o veremos ao final de mercado, pero non son situacións para esquecerse delas".

Cesións de Martín Ochoa e Chacón
"O único que se valora un pouco máis é o de Martín pola situación de posibilidade de minutos, de crecemento... Si que estamos a valorar esa opción de que poida crecer noutro lugar onde nun momento determinado pensemos que poida ser beneficioso para o xogador e para o Club. Pero aínda non se tomou ningunha ningunha decisión respecto diso".

Inscrición de xogadores en LaLiga
"O último que falta por inscribir é Helton e algún máis que falta, pero son trámites que non son sinxelos. Tes que presentar unha documentación, logo LaLiga tena que revisar, validar, despois comproba e ata que LaLiga dá o ok se cadra pasan 1, 2, 3 días, ás veces unha semana. Pero a día de hoxe van estar todos inscritos. Mesmo Helton Leite, que acaba de chegar, que vén dunha liga estranxeira e é un pouco máis lioso, pero non creo que haxa problemas".

Límite salarial
"A revolución no equipo a nivel de 20 xogadores novos non ía existir. Considerabamos que o cadro era o suficientemente competente para poder afrontar a Segunda División con todas as garantías. Hai situacións nas que tes que tentar darlle outro toque para tentar conseguir mellor rendemento. O límite salarial en Primera RFEF non existe. Non tes que telo en conta e aquí si que o tes que ter en conta e moito. Inflúe no sentido de que por exemplo este equipo ten 25, non pensedes que son 25 para pagar a xogadores. Aí tes que pagar canteira, Fabril, no noso caso o feminino, cando falas dun xogador non só falas de salario do xogador, falas do representante, falas de seguros sociais, bonus, se ten ou non ten ficha Liga... En Primera RFEF móvesche cun pouquiño máis de liberdade, se fáltache algo o podes mover dun lado a outro, recorto en campos e lévoo ao xogador, ou recorto aquí... En LaLiga é diferente".

Renovación de Mella
"En proceso. Esperemos que sexa pronto. Xa sabedes o desexo que ten o xogador, así de claro dígoo, que ten #ANOSAFORZA e por suposto que ten o Club. Vai a pasos axigantados rompendo portas e é un xogador que queremos ter aquí moito tempo".