Fernando Soriano, que estivo acompañado por Carlos Ballesta, foi presentado esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR como novo Director Deportivo do Dépor.
Precisamente Carlos Ballesta foi o que tomou primeiro a palabra e subliñou que "levo moito tempo vinculado ao Deportivo en moitas facetas. Sobre todo nos últimos anos estiven vinculado a Abegondo. A propiedade pídeme que a parte das miñas tarefas compaxine o tema de Conselleiro. Por suposto, despois de estar tanto tempo en tantas tarefas como xogador xuvenil, do primeiro equipo, segundo adestrador, realmente isto faime unha gran ilusión. E tamén me carga cunha gran responsabilidade".
Insiste en que "o que me transmite a propiedade é que este é un proxecto serio, a longo prazo, importante onde quere que teña cabida e un protagonismo importante a canteira. Por iso esa forma de pensar en min como Conselleiro, como home de canteira, como un home que levo tempo vinculado a Abegondo. Coa miña voz, a miña experiencia e os meus coñecementos coa canteira poida eu ter reflexo nese Consello, nese futuro Consello que se forme".
Entende Carlos Ballesta "perfectamente esa tristeza tan grande que pode ter a afección, o deportivismo en xeral, todos os que somos do Deportivo, todos os que somos deportivistas porque é un sentimento moi importante. Sentímolo así. Pero tamén quero transmitir o que a propiedade me transmite con vehemencia e con intensidade, que é un proxecto a longo prazo, importante, un proxecto para levar ao Deportivo ao sitio que historicamente lle corresponde".
Advirte que coa canteira "o club está a apostar moi forte. Comunícaseme que a través de melloras en Abegondo. Vai haber unha modernización de instalacións, infraestruturas melloradas para que todo isto axude aos rapaces a mellorar".
Finalmente, noutro momento da súa intervención desvela no proxecto "unha palabra que realmente eu a vivín con alegría, e é que este Club non se vende. A propiedade quere levar ao Deportivo, palabras textuais, ao sitio que historicamente lle corresponde"; e asegura que a saída de Fran é "unha decisión da propiedade".
A continuación, Fernando Soriano tomou a palabra para "primeiro agradecervos a vosa presenza. A presentación é certo que se fixo un pouco de esperar, sobre todo principalmente porque queriamos que cando puidese comparecer puidese contestar con certas certezas do camiño que estamos a levar, do porqué das cousas, de como está a ser os nosos primeiros pasos aquí na Coruña. Tamén coñecer aos membros do Club, as instalacións e poder falar cun pouquiño máis de profundidade".
Explicou a súa traxectoria persoal profesional: "Nacín en Zaragoza, xoguei durante moitísimos anos en Primeira e Segunda División. Logo fun adestrador e na miña última etapa, coordinador da Fundación do Almería e logo Director Deportivo do Ibiza. Agora levamos 15 días traballando para o Dépor e neste tempo estamos a nos dedicar todo o máis urxente, sobre todo a preparar o cadro de cara á próxima temporada, a tentar xerar a maior ilusión e a maior certeza de conseguir os mellores obxectivos e o mellor rendemento; e en preparar tamén a pretemporada, buscar adestrador, que como podedes ver xa o anunciamos".
Confesa que chega a ABANCA-RIAZOR "coa máxima ilusión, máxima responsabilidade. Atopeime unha propiedade que me traslada a idea de facer un proxecto sólido, duradeiro no tempo. Está a haber uns cambios estruturais nos órganos de goberno de cada área e a partir de aí darlle estabilidade e independencia a cada parte que compón o Club".
Finalmente, pide a #ANOSAFORZA "desde a máis sincera humildade que teña confianza, que imos poñer todo da nosa parte para levar ao Dépor onde merece".
Chegada ao Dépor
"Hai agora mes e medio, máis ou menos, recibín unha chamada da Dirección Xeral do Deportivo. Nese momento convócanme a unha entrevista. E aí un pouco parouse o proceso. Tivemos 2, 3 semanas, case un mes, de impasse ata que 2 días antes da miña presentación oficial volvéronme a contactar e dixéronme que era a persoa elixida, que o meu perfil era perfecto para ocupar o posto que estaban a buscar".
"Unha ilusión enorme, porque poder traballar, representar a un club con tanta historia e con esta grandeza, por suposto é un orgullo persoal; e enseguida chegamos a un acordo".
#ANOSACANTEIRA
"Unha das preguntas que me fixeron nesta entrevista foi que modelo de Club exporía para o Deportivo. Eu deixeilles claro que iso non me correspondía a min, que o Dépor é unha institución tan grande que a propia afección, a propiedade son os que teñen que marcar o camiño que ten que seguir. Non pode vir unha persoa, con todos os meus respectos, eu de Zaragoza a dicir 'eu faría isto' e de súpeto, vaian mal as cousas, veña outra persoa e diga 'eu faría o outro'. Aquí ten que haber un proxecto, un modelo".
"Dentro da miña parcela non está a canteira que dixésemos non depende estreitamente de min, pero si que é certo que a instalación (Abegondo) require unha mellora. Comentouse, e podo asegurar que foi cousa de pouco tempo en autorizar unha serie de melloras para o primeiro equipo e para a canteira en forma de infraestrutura para poder mellorar ese rendemento. E iso demostra que é un investimento a longo prazo sen ningunha intención de recuperar ese investimento".
"A idea que levamos é darlle cabida. Non contemplo un Club que invista o que inviste en canteira e non teña espazo no primeiro equipo. Iso vai ser unha obrigación. A propiedade pídeo e por suposto vouno a levar a cabo porque tamén son fiel crente desta idea. Levamos anos vendo como o Deportivo está a obter moi bos resultados en categorías inferiores. Agora vemos ao Fabril en Segunda RFEF moi cerca do primeiro equipo. Iso fai que eses xogadores estean a un nivel competitivo moi próximo ao primeiro equipo. É certo que non é o mesmo xogar en ABANCA-RIAZOR diante de 25.000 persoas que xogar en Abegondo. Pero si que nos axuda a esa incorporación de xogadores, a ese complemento do cadro do primeiro equipo para que sexa eficiente. A miña idea de cadro é coller 17 fichas sénior e a partir de aí complementar, por suposto con algún sub 23 que xa está no primeiro equipo, pero se non deixar vacantes e espazos para os rapaces".
"A miña idea é deixar fichas libres para que poidan subir do filial. Barcia vai formar parte do primeiro cadro xa con número, Trilli por suposto, Yeremay por suposto, Mario Soriano por suposto, Retuerta ao principio por suposto, o porteiro está aínda por definir. Se algún destes xogadores saíse, a idea é deixar a vacante porque abaixo hai vimbias suficientes para poder axudar ao primeiro equipo, mesmo para gañarse a titularidade e iso decidirao o adestrador. Abaixo temos a Mella, Ochoa, Diego Gómez, Rubén López... Temos xogadores importantes que poden achegar minutos e porqué non gañarse un posto no equipo".
Competencias no Club
"A miña parcela é a parte profesional do club, construír o primeiro cadro. Pero a miña faceta ten que ir relacionada coa Dirección de Canteira".
"Imos confiar nun cadro no que teñan cabida moitos xogadores do Fabril e nun futuro xogadores do Xuvenil que están agora militando nel. Entón a coordinación e a comunicación debe ser constante".
"Temos que ter en conta un pouco o que vén de abaixo e aí hai unha estrutura e unha organización bastante ben montada e hai un seguimento bastante importante dos xogadores desde que pisan Abegondo. E está moi ben porque ti vas vendo a progresión de cada rapaz, como vai crecendo e que perspectiva tense del".
Rubén de la Barrera
"O tema do cambio estrutural que está a suceder no club requiría o cambio de adestrador tamén, aínda que se tomou a decisión antes de que eu chegase. Era unha posibilidade, pero é certo que nunca a cheguei a expoñer".
Imanol Idiakez
"Propuxen 3 nomes encima da mesa, por suposto un deles era Imanol. Este tipo de negociacións nunca te podes pechar nunha, porque son persoas que teñen que pensalo, non danche a resposta enseguida..."
"A opción de Imanol foi a máis seria. Xa profundamos nela. É unha persoa que xa ten experiencia, pasou por diferentes etapas na súa vida de adestrador, primeiro de adestrador en solitario en varios clubs de Segunda División, acompañando a Unai Emery, que xa coñecedes que é un adestrador de gran éxito a nivel mundial. (Imanol) Tivo unha progresión no seu fútbol bastante recorrente e visible e mesmo lle fai pensar en moitos momentos en moitas facetas que se cadra ao principio, na súa primeira etapa de adestrador, non o tiña moito máis claro, era moito máis pechado. E logo traballou tamén en canteira, na Real Sociedad B, filiais que lle achegan ese trazo que queremos implementar no noso club",
Xogadores cedidos: Narro, Retuerta e Alberto
"A día de hoxe os xogadores que están cedidos volven formar parte do cadro do Dépor. Van empezar a pretemporada co primeiro equipo, igual que todos os demais que teñen contrato. A partir de aí estamos nun momento no que o mercado está aberto e, como Director Deportivo, sería irresponsable non buscar as mellores opcións posibles para tentar mellorar o cadro".
A portería
"Hai 4 porteiros. O normal é que mínimo un salga cedido".
"Mínimo 2 porteiros imos ter, poida que 3. Se ao final quedámonos con 2, tamén contamos cos porteiros do Fabril".
#ANOSAFORZA
"Por medio de feitos máis que de palabras debo tentar ilusionarlles, que comproben, que vexan que polo noso traballo non vai ser, que imos tentar facelo o mellor posible. Por suposto teremos equivocacións como se tiveron no pasado e teranse no futuro. Isto é así, somos humanos, pero xerar esa ilusión e que aos poucos se vaian enganchando ao equipo. Esa é a nosa primeira misión, tamén a do míster e logo a dos xogadores".
Dous anos de contrato para Imanol?
"Si".
Saída de Orest Lebedenko
"Hai dúas semanas, nada máis chegar aquí, púxose en contacto comigo pedindo a saída porque tiña propostas dun equipo de fóra de España para poder xogar. Eu díxenlle que ata que non tivese algo avanzado non poderiamos permitir a saída. Chégase a un acordo económico".
Retuerta
"Retuerta volve. É o xogador que menos visto teño. É un xogador que queremos ver. A única referencia que temos aquí é a do Teresa Herrera do ano pasado. É un xogador en propiedade que me demostrou as súas ganas e a súa intención de querer demostrar ao máximo o que pode dar".
Obrigación de vender xogadores
"Ningunha obrigación ou ningunha suxestión sobre ter que vender".
Posicións para reforzar
"Agora mesmo o lateral dereito témolo cuberto, a portería témola cuberta, o central dereito fáltanos un xogador porque só está Jaime. Pivote necesitamos mínimo un xogador, banda esquerda outro xogador aínda que tamén é certo que Kuki ou Narro poden tamén intercambiar posicións".
Yeremay e Trilli
"Demostráronme un pouco que o último ano que pasaran non estiveran cómodos, pero confianza tanto en Trilli como en Yeremay en que continúen connosco".
"Non hai ningunha dúbida na súa dispoñibilidade, no seu deportivismo, no que nos poden achegar. Forman parte do primeiro cadro".
Grupo de Primera Federación
"O Norte e o Sur teñen unhas diferenzas importantes. Son moi sensatos: 2 descendidos en cada grupo; 6, 4 ascendidos; 3, 4 filiais. Tentaron equiparar bastante nese sentido, creo que a Federación hai axustado".
"A complexidade do noso Grupo é o mesturar o fútbol vasco co fútbol catalán. O fútbol vasco sabes é máis aguerrido, máis físico, máis de centro lateral, máis directo. Os equipos cataláns adoitan dominar xente de máis fútbol, máis toque, e iso tennos que facer ver que necesitamos un cadro versátil, que sexa capaz de por suposto levar a iniciativa. Non contemplo ao noso equipo non saíndo a gañar en ningún campo. É unha das situacións que valorei de Imanol e da idea que ten de fútbol".
Álex Bergantiños
"Tiven unha reunión con el, a verdade que me cativou, unha humildade, un compromiso, un deportivismo atroz. Foi incrible, cunhas ganas de axudar na parcela que lle dixésemos. Íase uns días de vacacións pero o normal é que cando volva ides velo moi preto de min".
Paris Adot e Germán
"Paris Adot é un xogador que leva facéndoo moitas temporadas ben en Segunda División. Compaxina perfectamente con Trilli, primeiro polo que dixen por idade, non quero cortar a progresión a Trilli, eu creo que ten que ser o noso futuro Álex Bergantiños ou o noso futuro Lucas por idade, por condicións, por amor a este club. Vén dunha temporada que eu creo que non o pasou ben, pero ten que sentir esa importancia e pola miña banda ímoslla a dar".
"A Germán coñézoo porque o tivemos en Ibiza, foi o porteiro menos goleado unha temporada, xogou en Segunda División, a nivel persoal é un tío riquiño que creo que vai compaxinar moi ben con Ian".