RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Fin á DéporXira Auga de Parada para Os Nosos, conscientes que a verdade realmente empeza a semana que vén

A DéporXira Auga de Parada concluíu en ABANCA-RIAZOR coa final da LXXIX edición do Trofeo Teresa Herrera ante o CD Leganés.

Foron en total 7 partidos de pretemporada antes do debut en LaLiga Hypermotion deste sábado 17 de agosto en ABANCA-RIAZOR ante o Real Oviedo (LaLiga TV Hypermotion e Movistar+).

O balance de Os Nosos son de 3 vitorias (ante Ourense CF, Pontevedra CF e Unionistas de Salamanca CF), 2 empates ante dous equipos da Primera División portuguesa (FC Famalicão e Gil Vicente FC) e 2 derrotas (GD Chaves e CD Leganés).

O equipo deportivista anotou 14 goles e encaixou 7, con 4 partidos coa portería a cero.

Raúl Alcaina, en proceso de recuperación, foi o único futbolista sen minutos de xogo. Ademais, a nota negativa foi a lesión no cóbado esquerdo de Escudero, que estará "un tempo importante" fóra do grupo, tal e como asegurou en rolda de prensa Imanol Idiakez.

Barbero e Hugo Rama, con 3 dianas, foron os máximos goleadores do verán. Dous tantos anotou Luis Chacón; e 1 gol Villares, Lucas, Yeremay, Mario Soriano e Pablo Muñoz, este último antes de saír cedido ao Marbella FC de Primera Federación.

#ANOSACANTEIRA tivo tamén o seu protagonismo coa participación de canteiráns como Rubén López, Marotías, Kevin Sánchez, Pablo García, Aarón e Adrián Guerrero.

O técnico deportivista subliñou ante os medios de comunicación que "estamos no camiño. Houbo cousas mellores que outras como sempre, pero a verdade realmente empeza a semana que vén".
 
Os resultados da pretemporada foron os seguintes:

Martes 23 de xullo
Ourense CF 0 - Deportivo 4 (Yeremay, Mario Soriano, Barbero e Pablo Muñoz)

Sábado 27 de xullo
Pontevedra CF 0 - Deportivo 2 (Villares e Hugo Rama)

Martes 30 de xullo
FC Famalicão 2 - Deportivo 2 (Barbero e Lucas)

Mércores 31 de xullo
Gil Vicente FC 0 - Deportivo 0

Sábado 3 de agosto
GD Chaves 2 - Deportivo 0

Venres 9 de agosto
Deportivo 5 (Barbero, Hugo Rama -2- e Luis Chacón -2-) - Unionistas de Salamanca CF 0 (semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera)

Sábado 10 de agosto
Deportivo 1 (Mella) - CD Leganés 3 (final do LXXIX Trofeo Teresa Herrera)