Co Fabril (na foto da noticia) nos seus últimos días de traballo da temporada, nesta ocasión practicando pádel, a atención en #ANOSACANTEIRA está no partido do Infantil en Vigo ante o UD Santa Mariña mañá sábado ás 12:00, correspondente á última xornada na División de Honra.
Os branquiazuis chegan con 2 puntos de vantaxe sobre o RC Celta, que recibe no seu campo á mesma hora ao CD Areosa.
Aos deportivistas chégalles un empate para ser campións, posto que o golaverage particular cos célticos está gañado.
Ademais mañá ás 12:00 en Abegondo hai derbi na División de Honra cadete aínda que con todo decidido: o Dépor campión e o RC Celta, subcampión.
Completan a xornada o partido do San Tirso SD Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (10:00, a Grela 1), sen nada en xogo e co obxectivo cumprido para 'os verdes'.
Mañá sábado tamén toca celebración para #ANOSACANTEIRA en ABANCA-RIAZOR, posto que Rafael Louzán, Presidente da Federación Galega, aproveitou a rolda de prensa esta semana con motivo da presentación da Final de Campións de Primera RFEF para felicitar a #ANOSACANTEIRA "polos trofeos e títulos desta temporada porque o sábado (no descanso do partido entre o Deportivo e o Real Unión de Irún) se vai a proceder á entrega de campións, que tedes aquí unha boa colección. Son títulos de categoría nacional nalgún caso (División de Honra xuvenil), e outros de categoría autonómica (Liga Nacional xuvenil e División de Honra cadete)".
No campo Río Seco de Narón, tres equipos participarán na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8. O Alevín A e o Benxamín A acceden como campións da Primera A Coruña mentres que o Fabril FC Benxamín, como 3º.
Para o domingo queda un único encontro, a visita do San Tirso SD Cadete ao Rápido de Bouzas no campo Baltasar Pujales (12:20).
Finalmente, o futbolista do Xuvenil A Amin Mustapha está concentrado coa selección de Marrocos sub-20 con motivo da disputa de dous amigables ante a República Democrática do Congo, o segundo mañá sábado.
E as deportivistas Elena Vázquez, Sara Cercido e Lucía Rivas; coas orzanistas Yaiza García, Noelia Mayo, Laura Santos, e Emma Gandoy están concentradas en Madrid coa selección galega sub-17 na Fase de Oro do Campionato de España por autonomías.
Coa selección galega sub-15 na Fase de Plata do Campionato de España por autonomías están as orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande.
O calendario de partidos é o seguinte:
Categoría feminina
Clasificación final da Primera Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Femenino, 81 puntos; 2. Bergantiños CF, 68 puntos; 3. Lóstrego CF B, 58 puntos...
Copa da Coruña Femenina, cuartos de final (mércores 22): SPORTING BURGO 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 1 (Yanis Citoula)
Clasificación final da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 4. UD Carral e SDC San Roque, 55 puntos; 6. Orzán SD B sub-16 Femenino, 49 puntos; 7. Sporting Meicende, 47 puntos; 8. SD Antas e Xallas FC, 46 puntos...
Clasificación final da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 84 puntos; 2. Victoria CF, 78 puntos...
Clasificación final da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 82 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 77 puntos; 3. Racing de Ferrol, 77 puntos... 11. Sporting Burgo, 25 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 22 puntos; 13. AD Cristo Rey, 17 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación final da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 86 puntos; 2. RC Celta B, 81 puntos...
Categoría cadete
33ª xornada: CADETE - RC CELTA, mañá sábado 25 de maio ás 12:00 en Abegondo
33ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 26 de maio ás 12:20 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión), 92 puntos; 2. RC Celta, 78 puntos... 7. ED Xuventude de Oroso, 45 puntos; 8. CD Lugo, 43 puntos; 9. San Tirso SD Cadete, 41 puntos; 10. Ural Español CF, 40 puntos; 11. CD Areosa e Rápido de Bouzas, 39 puntos; 13. Pabellón Ourense CF, 38 puntos...
Categoría infantil
30ª xornada (última): UD SANTA MARIÑA - INFANTIL, mañá sábado 25 de maio ás 12:00 en Cotogrande (Vigo)
30ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 25 de maio ás 10:00 na Grela 1
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 79 puntos; 2. RC Celta, 77 puntos... 10. CD Conxo Santiago, 35 puntos; 11. UD Santa Mariña, 34 puntos; 12. San Tirso SD Infantil, 32 puntos; 13. CD Lugo, 29 puntos...
Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 1 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primeira Fase
10:20: CD LUGO - ALEVÍN A (campo 1)
13:50: ALEVÍN A - EF CARNOTA (campo 2)
16:35: ALEVÍN A - CD CONXO SANTIAGO (campo 2)
18:20: BERTAMIRÁNS FC - ALEVÍN A (campo 1)
O campión xogará a final a partir das 19:30
Categoría benjamín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Sábado 25 de maio
Primeira Fase
10:55: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 3)
12:40: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 3)
14:25: BENXAMÍN A - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
17:10: XALLAS FC - BENXAMÍN A (campo 3)
O campión de grupo disputará a final, a partir das 20:05
Fase Intermedia do Campionato Galego en Río Seco 2 (Narón)
Primeira Fase
10:55: FABRIL FC BENXAMÍN - BERTAMIRÁNS FC (campo 4)
12:40: XALLAS FC - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 4)
14:25: DEPORTIVO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
18:55: FABRIL FC BENXAMÍN - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 3)
O campión de grupo disputará a final, a partir das 20:05