As probas médicas ás que foi sometido Gerard Valentín detectaron unha lesión de grao 1 no semitendinoso da súa coxa dereita.
Por conseguinte, o lateral deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, iniciará posteriormente o seu proceso de readaptación física co readaptador Fran Molano, como paso previo á súa volta aos adestramentos.