RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Germán, Hugo Rama, Nájera, Yeremay, Davo, Pablo Vázquez, Diego Gómez e Iano Simao apadriñan a terceira quenda do DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

Os DéporCampus Cabreiroá 2024 pecharon a súa terceira semana de actividade onte venres 12 de xullo coa presenza na sede de Abegondo dunha nutrida representación do primeiro cadro branquiazul. 

Así, os futbolistas Germán, Hugo Rama, Nájera, Yeremay, Davo, Pablo Vázquez, Diego Gómez e Iano Simao repartiron diplomas; fotografáronse cos 240 nenos e nenas repartidos en 9 grupos; e asinaron camisetas, diplomas, botas...

Ademais esta semana houbo DéporCampus Cabreiroá 2024 en Monforte (75 participantes), Santa Comba (80), Silleda (90) e Verdugo (50). En total ao redor de 535 nenos e nenas de toda Galicia gozaron desta actividade da Fundación RC Deportivo.

Do 15 ao 19 de xullo haberá actividade, ademais da cuarta quenda de Abegondo, en Bertamiráns, Boiro, Cuntis e Vila de Marín, que reunirán a ao redor de 550 nenos e nenas.

Todos eles gozarán dunhas xornadas de adestramento e diversión cos adestradores do Real Club Deportivo cun método que fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

O DepórCampus Cabreiroá segue un estrito protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o correcto desenvolvemento e participación.

As inscricións atópanse abertas permanentemente até as 14:00 de cada martes anterior ao comezo do DéporCampus Cabreiroá correspondente.

Toda a información poden consultala na seguinte ligazón https://deporcampus.rcdeportivo.es/ e para calquera consulta ou dúbida acerca das actividades poden contactar directamente coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.