RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Germán Parreño renova polo Dépor até xuño de 2026

Germán Parreño Boix (Elxe, Alacante, 16 de febreiro de 1993) renovou o seu contrato até xuño de 2026 con opción a unha temporada máis.

O porteiro ilicitano chegou á Coruña o verán pasado e na súa primeira temporada coa camiseta deportivista disputou 31 partidos de titular en liga, con 20 goles encaixados e 13 encontros sen recibir tanto algún; e 1 partido en Copa del Rey, no que encaixou 1 gol.

Procede da UD Ibiza, nas que foi partícipe do histórico ascenso do club balear a Segunda División. 

Canteirán do Elche CF (até os 14 anos) e do RCD Espanyol, chegou a estrearse en Primera División coa camiseta 'perica' na temporada 2013-14, e na súa carreira acumula 46 partidos en Segunda División. Xogou cedido no Real Racing Club (a partir de xaneiro de 2015) e Girona FC (2015-16), antes de regresar ao club da súa localidade natal (2016-17). Con estes 3 clubs xogou en Segunda División.

Ademais formou parte do UCAM Murcia CF (2017-19) antes de pasar á UD Ibiza. Na estrea en Segunda División do club balear, que coa 15ª praza logrou a permanencia, foi titular 32 encontros, con 45 tantos encaixados.