RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme regresa á convocatoria de 18 futbolistas para recibir ao Sevilla

Guilherme é a novidade na lista de 18 xogadores convocados por Clarence Seedorf para o partido de mañá martes 17 de abril no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC (19:30 horas, Bein LaLiga), correspondente á 33ª xornada en LaLiga Santander.

O mediocentro brasileiro regresa após cumprir a súa sanción federativa en San Mamés o pasado sábado.

Adrián, que non puido acabar o partido do pasado sábado en San Mamés após sufrir un forte golpe no pé dereito, tamén entra na convocatoria.

Quedan fóra da convocatoria de maneira obrigatoria a lesionados Bóveda, Muntari, Sidnei e Fede Cartabia, este despois de traballar hoxe co grupo aínda sen alta médica.

Esta tarde, cos xuvenís Mujaid, Gandoy e Boedo, o cadro realizou fundamentalmente un traballo de posesión e un exercicio táctico no campo 3 da Cidade Deportiva.

Os convocados concéntranse esta noite no Hotel Meliá María Pita, á espera do partido.

Após o choque ante o Sevilla, o cadro adestrarase de novo o mércores ás 18:00 horas en Abegondo.