RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Estamos totalmente concentrados en dar nosa mellor versión

Imanol Idiakez advertiu este mediodía na sala de prensa de Abegondo que o CD Teruel, rival mañá sábado 13 de abril ás 20:00 horas (FEF TV), "perdeu 2 dos últimos 14 partidos. É o 5º da segunda volta. Tivo un inicio de temporada non bo e iso lastroulles pero está no mellor momento da temporada. Ten un adestrador preparadísimo, que prepara moi ben os partidos, que varía a forma de presionar en función de como o rival saque a pelota, varía o balón parado, como inician eles.. É un equipo que está a crecer".

Así, subliña que o rival é un equipo "en clara melloría, nun momento bo, cunha confianza importante. Cambiou de adestrador e agora ten un novo, preparado, que fai moitísimas cousas. É un equipo que varía unha chea de cousas a nivel táctico, estrutural durante os partidos. Ten un balón parado riquísimo, con moitísima variedade. Os resultados están aí. É un equipo moi complicado, outra vez nun escenario cunha gran entrada. Vai haber moitísima xente alí. É un partido moi especial para eles pola situación e porque vai o Dépor. Só esperamos dificultade. Así que nós centrarnos en nós e en dar o noso mellor rendemento".

Asegura que "temos a humildade para recoñecer o potencial do CD Teruel e se non damos o 100% imos ter problemas. Así que estamos totalmente concentrados en dar nosa mellor versión".

Manifestou ademais que o campo de Pinilla, escenario do encontro, "non é un gran estadio como outro pero ao que lle temos moito respecto, ao CD Teruel tamén", apostila.

Por conseguinte, o técnico deportivista promete tentar dar "o noso 100% porque entendemos que é o único camiño para conseguir os resultados".

Despois de 3 partidos consecutivos coa portería a cero, Imanol cre que "é unha temporada dun equipo que traballa ben a nivel global o defensivo. Somos un equipo que atacando tanto como atacamos permitimos pouco, concedemos pouco. É verdade que nalgún partido Germán parou máis que outro pero non nos fan unha gran cantidade de ocasións. Iso fala do traballo colectivo desde os dianteiros que apertan alto a todo o resto do equipo, o traballo da liña, por suposto o porteiro que temos. Quedo coa sensación do outro día que atacando tanto, tendo tantas situacións de gol o pouco que concedemos ao rival".

Finalmente, sobre Lucas Pérez, explica que o dianteiro coruñés sofre "unha molestia no golpeo. Para un xogador como Lucas o golpeo é importante. Tivo mellores sensacións que semanas anteriores pero entendemos que non era suficiente melloría como para arriscar moito esta fin de semana. Vémoslle unha progresión que entendemos con sentido común que se todo vai normal, para a semana que vén si poderá estar en condicións".