RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: "O equipo é moi fiel ao que queremos que sexa, é moi fiel aos seus valores no campo"

Imanol Idiakez asegurou este mediodía na sala de prensa de Abegondo que "en xeral estamos a dar pasos en todos os sentidos". 

Así, após ver de novo en vídeo o partido do pasado domingo ante o Elche CF, o técnico deportivista lembra que "xogamos contra un equipo moi bo e nun partido no que fomos moi abertos, no que deixamos moitos metros detrás, fomos buscalos até a súa área. Ten moito mérito que un equipo como o Elche CF, con esa formulación nosa non che faga ningún gol ou che faga tan poucas ocasións. Fala do traballo colectivo. Estou contento porque o equipo é moi fiel ao que queremos que sexa, é moi fiel aos seus valores no campo. Uns días podes estar máis acertado, outros días podes estar menos, pero sinto que somos nós e que estamos a defender a nosa idea a pesar das circunstancias".

De volta a ABANCA-RIAZOR mañá sábado 19 de outubro ás 16:15 ante o CD Eldense (LaLiga TV Hypermotion), admite que "en casa temos unha débeda no que vai de temporada e queremos empezar a resolvela mañá. Queremos volver ser fortes en ABANCA-RIAZOR, sacar partidos. En xeral fixemos boas actuacións pero necesitamos gañar partidos e mañá necesitamos moito a #ANOSAFORZA, que sexamos 12 como sempre, porque vén un equipo moi difícil, un equipo de máxima dificultade, un equipo que é moi equipo, está moi ben traballado, que cho pon moi difícil e vai ser moi complicado, como todos os partidos en Segunda División".

Por conseguinte, sostén que ante os alacantinos "necesitamos a mellor versión dos xogadores no campo e todo o apoio que podamos de #ANOSAFORZA porque o imos a necesitar", conclúe.

A pesar de levar só un tanto a favor en ABANCA-RIAZOR no que vai de liga, Imanol Idiakez insiste en que "estamos a traballar ben, a xente de arriba está a traballar ben, estamos a ter ocasións claras nalgúns casos que o normal é que materializásemos algunhas. Non entrou porque o fútbol é así de caprichoso moitas veces, pero o que non podemos dubidar é nin do empeño da xente, nin a actitude nin do querer. Nese aspecto estou convencido que estamos no bo camiño e trátase de acertar, que a próxima que teñamos entre". "Temos capacidade para facer goles, temos xogadores con esa capacidade e estou convencido que antes que despois van chegar", engade.