RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Inês Pereira, citada por Portugal para dous partidos ante Azerbaiján do play off de clasificación ao Europeo

Inês Pereira foi convocada pola selección de Portugal para dous partidos correspondentes ao play off de clasificación para o Campionato de Europa 2025.

Desta forma a gardameta do Dépor ABANCA ve recompensada a súa extraordinaria traxectoria coas Nosas na Liga F.

O calendario de partidos de Inês Pereira co combinado nacional luso é o seguinte:

Venres 25 de outubro
14:00 (hora galega): AZERBAIJÁN - PORTUGAL, no Dalga Area de Bakú

Martes 29 de outubro
20:45 (hora galega): PORTUGAL - AZERBAIJÁN, no estadio do FC Vizela en Caldas de Vizela

Finalizado este encontro, Inês Pereira regresará á Coruña.