RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Un Dépor ABANCA "feliz" arrinca "coa mesma calma de sempre" unha nova semana de traballo que concluirá o domingo en Eibar

O Dépor ABANCA, "feliz" tal e como subliñou Irene Ferreras en rolda de prensa despois do partido ante o Madrid CFF en ABANCA-RIAZOR, inicia mañá mércores unha nova semana de competición que concluirá o domingo 20 de outubro ás 12:00 en Ipurúa ante a SD Eibar, en partido correspondente á 7ª xornada na Liga F. 

A vitoria por 1-0 ante as madrileñas, segundo a preparadora deportivista, "vénnos moi ben para seguir afianzando o proceso, o día a día"; e desde mañá, "coa mesma calma de sempre seguir traballando no noso día a día que isto segue sendo moi longo".

Os resultados da xornada deixaron a As Nosas con 5 puntos na 13ª posición.

O corpo técnico deportivista, que insiste en que "adestramos cada día para ir mellorando as prestacións do equipo", disporá de 4 sesións de traballo esta semana en Abegondo, con vídeo e ximnasio previo cada día antes de saltar ao céspede.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte: 

Martes 15 de outubro
Descanso

Mércores 16 de outubro
11:00 h.

Xoves 17 de outubro
11:00 h.

Venres 18 de outubro
11:00 h.

Sábado 19 de outubro 
11:00 h. (pendente de confirmación)

Domingo 20 de outubro
12:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA