RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Inês Pereira: "Temos moitas ganas de seguir adiante"

Inês Pereira manifestou após recoller o Premio ao Xogador Estrella do mes de novembro no Dépor ABANCA que "xogar en ABANCA-RIAZOR é moi especial e nunca vivín o fútbol que se vive aquí na Coruña. Estiven en Portugal, en Suíza e nada se compara aquí á Coruña".

Confesa que no vestiario "temos moitas ganas de seguir adiante e seguir facendo cousas boas. Non estamos onde queremos estar, pero seguimos traballando todos os días e seguramente cousas boas van vir".

Do encontro deste sábado 14 de novembro ás 16:30 en ABANCA-RIAZOR, a gardameta branquiazul asegura que "respectamos moito ao Real Madrid, así como ao Granada CF, ao Sevilla FC e a todos os equipos. Temos ganas de xogar todos os partidos e ganas de gañar, de facer bo partido, de facer goles e non sufrir goles".

Imaxina fronte ás madrileñas un encontro "difícil, no que non imos ter o balón o que nos gustaría ter; pero sabemos os puntos débiles do Real Madrid e queremos facerlle dano".

Admite que "despois dun cambio tan grande as cousas ao principio non saen como queremos, pero seguimos traballando ben e seguro que os resultados van aparecer".

Explica a internacional portuguesa que "estamos a xogar un sistema diferente, con cousas diferentes. Xa tiñamos xogadores que viñan xogando xuntas, cunha adestradora que xa estaba no Club; así que agora o sistema é posiblemente o máis complicado porque xa viñamos xogando xuntas fai moito".

Finalmente, a pesar da derrota na última cita co Sevilla FC, Inês Pereira insiste en "seguir traballando e seguir crendo no adestrador e en nós. O sábado en ABANCA-RIAZOR ímolo a demostrar".