RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: É o momento onde a nivel deportivo véxoas máis centradas e con claridade de ideas do que temos que facer

Irene Ferreras asegura que o Dépor ABANCA, líder en solitario da categoría, asume o feito de ser o rival a bater "con naturalidade e con tranquilidade porque temos claro que de aquí ao que falta de temporada imos tentar facelo o mellor posible. Entendemos que os rivais tamén. Sabemos da dificultade da categoría e non nos vai a sorprender que ou nós ou os rivais que temos preto déixense algún punto. É normal".

Sostén que "temos a mensaxe de querer facernos fortes en Abegondo, de querer sumar todos os puntos que poidamos aquí e logo nestas saídas que temos que son complicadas facer partidos competidos e ir gañar". 

A adestradora branquiazul indica que "non sentimos presión do que vaia a facer o outro equipo. Estamos moi centradas en nós. Vexo ao equipo súper concienciado, quizá de todo o tempo que levo aquí é o momento onde a nivel deportivo véxoas máis centradas e con claridade de ideas do que temos que facer. Temos humildade para sufrir. Sabemos os puntos que quedan en xogo, que temos capacidade para facer unha certa porcentaxe de puntos que nos pode manter aí arriba. Dentro do que queda probablemente algunha xornada pode ser que esteamos primeiras, segundas, non o sei, veremos; pero coa tranquilidade de que sabemos o camiño que temos por diante, tamén sabendo o que teñen os rivais e que nos temos que fixar no que facemos nós".

Reitera que ante o Deportivo Alavés mañá sábado ás 13:00 horas en Ibaia "imos ir a sacar 3 puntos, imos tentalo. Imos sacar un equipo competitivo. O equipo está con moitas ganas e moita enerxía sabendo que ademais logo temos dúas semanas de parón. Creo que é un momento para gozar, para que o equipo non estea preocupado, todo o contrario. Todo o que sexamos capaces de facer esta fin de semana vai ser moi positivo e sabendo que logo nos queda un camiño que estamos preparadísimas para afrontalo".

Precisamente do conxunto vasco a preparadora branquiazul lembra que "acaba de descender de Primera División e que vai buscar estar máis arriba posible para meterse en play off. Imos nunha situación boa con respecto a elas pero son 3 puntos que queremos sumar porque queremos seguir aí arriba. Sabemos que temos que facer ben as cousas. É un equipo que xoga ben ao fútbol pero que entendemos que no enfrontamento connosco vai ser un partido de ti a ti, onde o equipo que máis acertado e máis correcto estea no seu estilo levará o partido".

Engade Irene Ferreras sobre o Deportivo Alavés que "compite moi ben. Vén ademais dunha dinámica de moi bos resultados, quitando ese partido contra o Barça que estiveron dentro do partido en todo momento; facendo tamén moi bo papel en Copa. O cadro é un cadro deseñado para subir a Primera División. É certo que o primeiro tramo de temporada custoulles máis a nivel de resultados e cando levas un pouco ese peso de ter que estar máis arriba é complicado, pero xa saíron desa situación e miran cara arriba. Xogamos contra un gran rival, pero nós tamén temos que mirar as nosas fortalezas. Agora mesmo tamén somos nós o rival a bater, estamos no máis alto da clasificación e entendo que elas tamén nos terán respecto".

Finalmente de Laurina, que xa xogou uns minutos a pasada fin de semana ante o DUX Logroño, confirma que "conto con ela para o que queda de temporada e teño o acordo verbal con ela de que imos estar sempre en continua comunicación para calquera cousa, sensación que poida ter. Por sorte é unha futbolista coa que teño moita confianza e teño unha comunicación moi fluída. Ela confía en min, eu confío nela e sei que calquera cousa que vaia sentindo vaimo a facer saber. De momento as súas sensacións son moi boas. sente moi feliz. O outro día creo que foi un momento súper especial na súa carreira porque despois de pasalo tan mal volver reencontrarche con Abegondo nese escenario, coas compañeiras, todo o que nos xerou a todos o poder vela alí son as cousas bonitas tamén do deporte. É unha bonita historia de superación e de momento unha máis, véxoa ben, está a achegar ao equipo, está a traballar para tamén ter os seus minutos e con cautela pero tendo esa comunicación constante que a min me tranquiliza respecto de calquera cousa que se poida ir dando. Afrontarémolo como ela necesite".