Irene Ferreras: "É un partido para aprender, ímonos a enfrontar ás mellores do mundo"
Irene Ferreras plasmou a súa ilusión polo comezo da Liga F na súa comparecencia na sala de prensa de Abegondo: "Custounos chegar moito atei aquí, estabamos a desexar comezar". A pesar do rival, Irene tratará de "facer un partido competitivo" e "seguir sumando experiencias na categoría".
Para o enfrontamento contra o FC Barcelona, Irene Ferreras non poderá contar con Henar, Ainhoa e Lucía Rivas por lesión, sumadas ás baixas de Olaya e Marina Artero pola súa presenza no Mundial sub-20. Ademais, valorarase se Lucía Martínez "está realmente para competir".
A nivel futbolístico, a adestradora das Nosas é consciente dá dificultade deste reto: "creo que nos vai a tocar estar moito tempo sen balón e espero que o equipo saiba adaptarse". "É un partido para aprender, ímonos a enfrontar ás mellores do mundo". Confesa que, se puidese quitarlle unha xogadora ao equipo culé, sería Hansen. Doutra banda, opina que o partido ten un contexto moi positivo e confía en que "a xente se anime a ir".
Con respecto ao seu equipo, a míster quere que "o equipo entre ben ao partido e ser fieis ao que somos". A nivel psicolóxico o equipo "está tranquilo", avoga por ser coherentes e ir sumando e experimentando na categoría: "atopeime cun cadro con moitísimas ganas de aprender". Doutra banda, a propia Irene sente "con moitas ganas e moi contenta, traballamos moito para estar aquí e tiña moitas ganas de volver".
Por último, Ferreras observa unha "gran evolución no nivel da liga", as xogadoras cada vez son "máis profesionais e máis atletas".