RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Irene Ferreras: "Somos capaces e imos pelexar todos os puntos desta temporada"

Irene Ferreras compareceu esta mañá cunha posición de satisfacción na sala de prensa de Abegondo. Comenta que están "a pór o foco no noso nivel de satisfacción a pesar dos resultados". A adestradora destaca a "tranquilidade porque o traballo está a ser moi bo" e engade que "acabamos de aterrar nesta división e temos moito que aprender".

A preparadora das Nosas, en referencia ás arbitraxes, apunta que "hai certas decisións arbitrais que condicionan os puntos dos equipos". Con todo, defende a actuación arbitral e afasta o foco dela: "debemos respectar as súas decisións e axudar á arbitraxe todo o que podamos, elas tentan facer o seu traballo o mellor posible".

Irene Ferreras tamén aproveita para resaltar a melloría do Dépor ABANCA: "o equipo sente cada vez máis solidez en todos os niveis, as xogadoras van estando máis cómodas". "Imos tratar de gañar e o luns seguiremos, así vai ser toda a temporada. Somos capaces e imos pelexar todos os puntos desta temporada", engade.

No que se refire ao Real Betis, rival deste domingo 22 de setembro ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn), indica que "é un equipo ao que lle gusta iniciar, con moito talento por dentro e que incorpora moita xente en ataque". 

Finalmente, Irene Ferreras tratará de que "o Dépor ABANCA sexa o máis parecido ao da temporada pasada, queremos a pelota e canto máis tempo mellor". Ademais, resalta o "valor diferencial" que é xogar en ABANCA-RIAZOR: "o estadio empúxanos", conclúe.