Óscar Gilsanz: "Necesitamos os cinco sentidos postos no domingo"
Óscar Gilsanz mantívose cauto na sala de prensa de Abegondo esta mañá. O míster espera este domingo 22 de setembro ás 17:00 en Pasarón ante o Pontevedra CF un partido complicado: "trataremos de pelexar a posesión e ser moi solidarios porque o rival o esixe".
O míster refírese ao Pontevedra CF como un dos claros candidatos ao ascenso e "un proxecto continuista"; e opina que, grazas ao seu adestrador, o equipo cada vez é máis competitivo e "mellor que o ano pasado".
Gilsanz apunta que levan "toda a semana pensando en seguir mellorando, pondo o foco neste domingo" e que necesitan "os cinco sentidos postos no partido", debido á esixencia do mesmo.
O técnico do Fabril postúlase convencido de que se vai a producir melloría: "temos un equipo novo e a marxe de mellora é alto. Un equipo de fútbol é un ser vivo e estamos nese proceso de identificar en que se pode mellorar". Ademais, aproveita para resaltar a "gran igualdade da categoría" e a súa complexidade.
Doutra banda, Óscar refírese a Kevin como un "mozo moi novo con virtudes moi importantes", é un xogador con ambición e compromiso, como o propio equipo.
A pesar do recente partido do pasado sábado ante a SD Compostela en ABANCA-RIAZOR, o adestrador fabrilista conclúe que "onde nos temos que facer fortes é en Abegondo" e apela á adaptabilidad do equipo a calquera contorna.