RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Marina Artero únese ao Dépor ABANCA despois de dous meses concentrada coa selección española sub-19 e sub-20

Marina Artero foi a novidade no adestramento desta mañá do Dépor ABANCA en Abegondo.

A central deportivista incorporouse ao traballo despois de dous meses concentrada: primeiro coa selección española sub-19 en Lituania no Campionato de Europa; e a continuación coa sub-20 no Campionato do Mundo de Colombia.

O pasado mércores regresou Olaya Enrique e a pasada semana Michi Apóstol, eliminada na Primera Fase do Mundial con Venezuela.

Así pois, Irene Ferreras ten por primeira vez esta temporada a todo o seu cadro na Cidade Deportiva.

En rolda de prensa, a preparadora deportivista manifestou que o equipo gañará "competitividade interna. A semana pasada tivemos futbolistas que xogaron 180 minutos nunha semana. É normal que ao último partido chegasen coas enerxías xustas. Agora imos ter máis variabilidade, máis opcións... Son xogadoras de perfís diferentes. Vainos a permitir volver ter máis xente por dentro que nos facía falta porque nós nos sentimos tamén cómodas asociándonos".

Cre que Olaya pode achegar "chegada, que ten moito talento nos últimos metros"; e Marina Artero "equilibrio, que pode alternar a posición de mediocentro e de central".

Hoxe, o corpo técnico deportivista dispuxo dun traballo de área e finalizacións a falta da sesión de mañá sábado ás 11:00 en Abegondo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK