Gaël Kakuta, ao finalizar o adestramento desta mañá, recibiu a alta médica. Así pois, e a falta do adestramento de mañá venres 7 de abril en Abegondo (10:30), o futbolista está a disposición de Pepe Mel para o encontro deste sábado 8 de abril no Estadio Sánchez Pizjuán (18:30, Bein Sports).
Os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán ao adestramento de mañá para comprobar o estado físico de Pedro Mosquera, sen alta médica; e de Guilherme, que onte na segunda parte do encontro ante o Granada sufriu unha escordadura no seu nocello dereito.