RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Kevin apunta que meter un gol é un soño e Dani Barcia pensa xa no domingo, se toca xogar ben e se non a animar

Kevin Sánchez e Dani Barcia pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O atacante, autor do segundo tanto do Dépor xa na prórroga, mostrouse "moi contento e á vez moi triste. Meter un gol en ABANCA-RIAZOR para min é un soño. Estou moi ilusionado. Chorei e todo da emoción pero estou triste polo resultado porque merecemos máis".

Resalta que "competimos ante un equipo dunha categoría superior bastante ben. Mereciamos gañar e foi unha pena o resultado".

Kevin Sánchez confesou pasar durante os minutos que estivo sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR "moitos nervios. As pernas íanme pouco. Agora a seguir traballando, a mellorar cada día co filial".

Pola súa banda, o coruñés Dani Barcia, titular hoxe, subliñou que "onde me poña o adestrador é onde me toca xogar. Si é verdade que de central teño moitas máis capacidades que de lateral, pero se o equipo necesita que xogue de lateral e o míster ponme teño que dar o meu maior nivel e facelo ben".

Desvela que "teño un nocello algo tocado pero xa estou a pensar no domingo; e se toca xogar ben, e se non a animar".

O central deportivista advirte que agora "temos que seguir día a día traballando e cando nos toque xogar dar o máximo como hoxe, a nosa mellor versión".