O canteirán Kevin Sánchez está concentrado en Georgia coa selección española sub-19 nun mini torneo de clasificación para o Campionato de Europa.
O primeiro rival dos españois foi Moldavia hoxe mércores 15 de novembro no Mikheil Meskhi 1 Stadium de Tbilisi.
O atacante fabrilista foi titular e anotou un do cinco goles do seu equipo, concretamente no minuto 75. Pouco despois, no 79, foi relevado por Olabarrieta.
A próxima cita para o combinado nacional neste mini torneo de clasificación será o sábado 18 de novembro ás 17:00 (14:00 en Galicia) fronte a Chipre.
O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Mércores 15 de novembro ESPAÑA 5 - MOLDAVIA 0
Sábado 18 de novembro 17:00 (hora local, 14:00 en Galicia): ESPAÑA - CHIPRE, no Mikheil Meskhi 1 Stadium
Martes 21 de novembro 15:00 (hora local, 12:00 en Galicia): GEORGIA - ESPAÑA, no Mikheil Meskhi 2 Stadium
O mércores 22, o combinado nacional emprenderá o seu regreso a España.
Kevin Sánchez, que este verán renovou até 2028, é un xogador de categoría xuvenil que forma parte do cadro do Fabril en Segunda Federación, onde xa marcou 1 gol.
O pasado domingo, ante o Real Valladolid Promesas, saltou ao céspede no minuto 69 en substitución de Mati Castillo e estrelou un balón no traveseiro no 86 que puido significar a igualada para o equipo fabrilista.