Kevin Sánchez, titular e protagonista na goleada de España sub-18 en Suíza
O canteirán deportivista Kevin Sánchez está concentrado coa selección española sub-18 para disputar dous partidos amigables en Suíza.
O primeiro deles xogouse hoxe martes 18 na localidade de Solothurn e acabou con goleada española (0-4).
Kevin Sánchez foi titular nesta primeira cita hispana, xogou 83 minutos e aínda que non viu porta foi autor dunha asistencia de gol.
O segundo partido para o deportivista, tamén ante os suízos, terá lugar este xoves 20 ás 11:00, xusto antes de emprender viaxe de regreso á Coruña.
O calendario de España en Suíza, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Martes 18 de abril SUÍZA 0 - ESPAÑA 4
Xoves 20 de abril 11:00: SUÍZA - ESPAÑA, en Grenchen
Kevin Sánchez é un dos canteiráns que esta temporada se atopan no radar das categorías inferiores da selección española, ademais de Manu Berrocal (sub-18), Elena Vázquez (sub-17), José Rey (sub-16), Pablo García (sub-15) ou Lucía Rivas (sub-16).