RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

A lousa, protagonista esta mañá en Abegondo para Vos Nosos

As accións de estratexia, unha faceta que tan bo rendemento deu ao equipo na pasada temporada, foron as protagonistas esta mañá no adestramento do Dépor en Abegondo.

Así, e após pasar pola sala de vídeo, Imanol Idiakez dedicou boa parte da sesión ao ensaio no campo 3 destas xogadas a balón parado.

Os Nosos son conscientes da igualdade que reinará en LaLiga Hypermotion e que calquera mínimo detalle pode decantar un partido dun lado ou doutro. "É unha liga moi igualada na que a diferenza de puntos é moi pequena entre a parte alta e a baixa", comentou onte na sala de prensa uno dos capitáns, Diego Villares.

Unha activación con xogos completou a calorosa mañá na Cidade Deportiva.

Sergio Escudero está con adestramento personalizado; mentres que Rubén López, Pablo García e Íker Vidal foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Dous dos futbolistas habituais no primeiro equipo desde o inicio dos adestramentos alá polo 10 de xullo, o meta Alberto e Kevin Sánchez, están citados co Fabril para disputar esta tarde no campo García Hermanos de Betanzos o Trofeo San Roque.

Mañá venres o Dépor adestrarase a partir das 10:30 en Abegondo, no último ensaio antes do debut en LaLiga Hypermotion ante o Real Oviedo deste sábado 17 de agosto en ABANCA-RIAZOR ás 19:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Movistar+).

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK