RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Lucas, Mikel Balenziaga, Dani Barcia, Isi Gómez, Kuki Zalazar e Davo, protagonistas no DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

Unha nutrida representación do cadro do Deportivo clausurou este mediodía no campo de herba sintética a cuarta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2023 de Abegondo.

Lucas, Mikel Balenziaga, Dani Barcia, Isi Gómez, Kuki Zalazar e Davo foron os encargados de entregar os diplomas acreditativos, asinaron autógrafos e gozaron dun intre divertido cos 245 nenos e nenas desta quenda, antepenúltimo na Cidade Deportiva, pola que este verán pasaron xa desde o 26 de xuño un total de 1.140 nenos e nenas.

Ademais da sede de Abegondo, hoxe concluíron os DéporCampus Cabreiroá 2023 de Zas (que este ano contou con 44 nenos e nenas), Cuntis (55), Bertamiráns (48) e Pontecaldelas (68).

Deste luns 24 ao venres 28 celebrarase a 5º quenda en Abegondo, cun total de 171 nenos e nenas inscritos.

Até o mércores 26 de xullo ás 12:00 do mediodía está aberta a inscrición para o DéporCampus Cabreiroá en Catoira (Pontevedra) que se desenvolverá do 31 de xullo ao 4 de agosto. Os interesados poden formalizar a súa inscrición nesta ligazón.

Ante calquera dúbida ou consulta pódese contactar coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK