RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Lucas Pérez e Diego Villares, citados pola selección galega para medirse este venres 31 a Panamá

Dous dos capitáns do Dépor, o coruñés Lucas Pérez e o vilalbés Diego Villares, foron citados pola selección galega que dirixe Diego Martínez para o amigable deste venres 31 de maio ás 20:00 horas (TVG) en ABANCA-Balaídos ante Panamá. 

Antes, os dous futbolistas entraron tamén na convocatoria de Imanol Idiakez para o partido de hoxe mércores en ABANCA-RIAZOR entre o Deportivo e o CD Castellón (21:00 horas, TVG-2 e FEF TV) correspondente á ida da Final de Campións de Primera RFEF.